Con este apartado de parroquias do Concello da Baña, preténdese darlles a coñecer aos veciños, aos viaxeiros e aos turistas esta terra coa súa paisaxe, historia, monumentos; facer así un percorrido por cada unha das parroquias e marcar ao mesmo tempo distintas rutas que rematarían na capital, San Vicenzo.

Estamos acostumados a ver na nosa parroquia determinados edificios ou construcións artísticas, paisaxes , que non apreciamos no seu valor, quizais porque é algo rutineiro, pero en realidade é a nosa riqueza na que se garda a memoria histórica do noso concello .

Para os viaxeiros e turistas debe ser un alto no camiño, visitando os lugares, dos que se fai unha mostra en imaxes fotográficas que ilustran este apartado, e que só son unha pequena mostra da riqueza do Concello da Baña.

Pode ir seleccionando a listaxe das nosas parroquias para ter máis información de cada unha delas.

SAN VICENZO DA BAÑA
SAN XOÁN DE BARCALA
SANTA MARÍA DE ORDOESTE
SAN CIBRÁN DE BARCALA
SAN MAMEDE DE MONTE
SANTA BAIA DE LAÑAS
SAN PEDRO DE FIOPÁNS
SANTA MARÍA DE TROITOSENDE
SANTA CRISTINA DE MARCELLE
SANTA MARIÑA DO BARRO
SAN MIGUEL DE CABANAS
SAN CRISTOVO DE CORNEIRA
SAN MAMEDE DE SUEVOS
ERMIDA
SAN XOÁN DE RIBA
 
SAN VICENZO DA BAÑA

Situada nun val privilexiado, a parroquia de San Vicenzo da Baña, pola que pasa o río Albariña, atópase baixo a protección dun escudo montañoso formado por un triángulo do que é vértice principal e vixía, o monte Santa Mariña. O río Albariña conta con tres afluentes que teñen as súas fontes nas aldeas do norte e do leste do concello. Mesturadas as súas augas coas do Albariña, fertilizan a conca de San Vicenzo para incorporarse despois ao río Barcala e máis adiante ao Tambre.

Como consecuencia desta suma de factores, a parroquia de San Vicenzo da Baña conta cunhas terras idóneas para practicar a agricultura e a gandaría, que hoxe en día constitúen o principal -aínda que non o único- factor económico da parroquia, na que o sector secundario e sobre todo o sector terciario teñen un peso que cada ano cobra máis importancia e ocupa un maior número de persoas.

Conta esta parroquia coas seguientes aldeas: Paredes, Vesía, Guende, Fampousa, Salvande, O Castro, Xasoso, Canlís, Señor, Liñares, San Salvador, Vilarnovo e San Vicenzo da Baña, capital do concello, que ate 1968 foi filial de Ordoeste.

A Baña recibiu o título de vila no século XIX. Daquela contaba cunha igrexa parroquial situada no propio lugar da Baña, que se atopaba en malas condicións. Durante a visita pastoral de Simón Díaz de Rávago en 1772, ordénase o traslado da pía bautismal e a figura do Santísimo para a ermida da Nosa Señora do Castro, que era santuario da Virxe do Bo Suceso. En 1778 e por orde do visitador Miguel Campo Quevedo en nome do arcebispo Francisco Alejandro Bocanegro, abandonouse definitivamente a igrexa da Baña para converter en parroquial a do Castro.

Na actualidade, a igrexa parroquial é unha construción de tipo monumental, e conta cun cemiterio custeado polos Fillos da Baña residentes na Habana, que no 1891 recadaron fondos destinados á súa construción. Da vella igrexa de San Vicenzo non queda ningún vestixio. Os ventos da historia derrumbaron as súas paredes, enterraron as súas imaxes e empregaron as pedras para outras construcións.

SAN XOÁN DE BARCALA

San Xoán de Barcala e a veciña parroquia de San Cibrán comparten o nome co val no que xeográficamente se atopan situadas. A de San Xoán, bañada na súa fronteira oeste polo río Barcala, é a máis occidental das dúas e a máis grande en extensión. Foi parroquia dende moi antigo, ata que en 1668 pasou a depender de Ordoeste. Merece a pena pararse a coñecer mellor os lugares que forman esta parroquia, de nomes ben suxestivos: Arzón, Cores, Emes, Lameiro, Seone e Moldes. Segundo algunhas opinións, Seone é a derivación de San Xoán Apóstolo e os evanxelistas.

En toda a extensión desta parroquia, como tamén ocorre no conxunto do Concello da Baña, é frecuente atopar mostras da arquitectura rural máis característica destes lugares: hórreos, aos que xa mencionamos na veciña San Cibrán; pombais, casas grandes e pazos; e sobre todo, a arquitectura de carácter relixioso: a igrexa parroquial, o peto de Arzón, cruceiros e capelas.

A paisaxe de San Xoán, fortemente humanizada, está dominada pola presenza case contínua de bosques e prados. Como noutros puntos da xeografía atlántica galega, o val de Barcala é o resultado da dedicación exclusiva ao sector primario das súas xentes, que durante moito tempo só podían escoller entre seguir cultivando a terra ou emigrar.

Na actualidade, e aínda que a súa fisonomía permanece fiel ás ocupacións do pasado, o val de Barcala e en particular a parroquia de San Xoán, dispoñen de diferentes ofertas económicas para as súas xentes, entre as que o sector primario hoxe dominado pola gandaría, xa non representa o único horizonte posible. Na parroquia de San Xoán de Barcala e grazas ás importantes melloras que se realizaron nos últimos anos en materia de infraestruturas e comunicacións, é moi frecuente que as economías familiares conten con ingresos derivados do sector secundario e terciario, este, en constante crecemento e do que é boa mostra o prestixio do restaurante que existe na parroquia, a grellada e outros negocios do sector hostaleiro. Ademais, conta coa presenza dun taller mecánico, un bazar e unha farmacia; sen dúbida, como xermolo dun núcleo urbano incipiente.

SANTA MARÍA DE ORDOESTE

Está situada no centro xeográfico do val de Barcala. Nesta parroquia existe un feito importante, ten aldeas ao outro lado do río Barcala que pertencen ao Concello da Baña mentres que na marxe esquerda hai outras aldeas que pertencen ao Concello de Negreira, caso da casa de Antelo e de Eiroa, que solicitaron pertencer a Ordoeste no ano 1864 e que non o conseguiron.

Esta parroquia estivo sometida a varios cambios ao longo da historia:

  • En 1123 o arcebispo Xelmirez cámbiaa pola herdade de Oines (Arzúa) coa raíña Urraca.
  • En 1868, sácanselle a Ordoeste os anexos de San Vicente e San Salvador da Baña, e quédalle San Xoán de Barcala; este arranxo foi obra do arcebispo García Cuesta e do cura José Meiro García.

Os lugares que o compoñen son: Rial, Reiverde, Paraxó, Guimaráns, Cruceiro, Couto Carballo, Cotobade, Canle e Busto.

Esta parroquia sofre duras contribucións e impostos ao longo do século XIX; en 1809 requisa de gando vacún por orde do Goberno para subministrar o exército; e a desamortización.

Destaca de Ordoeste unha gran relixiosidade, que se fai patente na cantidade de donativos por parte dos veciños así como dos emigrantes.

A igrexa parroquial foi construída en diferentes etapas polo que atopamos varios estilos, destaca o barroco e a torre de estilo neoclásico.

SAN CIBRÁN DE BARCALA

San Cibrán de Barcala conxuntamente con San Xoán de Barcala, ocupa o centro do val do mesmo nome, e encóntrase situada entre as parroquias de San Mamede de Monte, Santa María de Cobas e San Xoán. Está situada nun val fértil onde chegan os ríos Barcala e tamén o Nantón.

A igrexa desta parroquia está situada nun val profundo e pechado, co campanario afastado desta, nun sitio máis alto para que os fieis poidan oír mellor as campás, é único en todo o concello. E todo isto rodeado dunha fermosa carballeira, con carballos centenarios.

Esta parroquia, hoxe, é un anexo de San Mamede de Monte, pero non sempre foi así. No ano 1334 ten relación cos señores Soga Mariño de Lobeira dado que dona Leonor González, viúva de Ruy Soga, deixa no testamento unha cantidade para restaurar a igrexa. Esta familia entronca cos Mariño e cos Lobeira, que son os señores do pazo de Cotón e doutros de Barcala.

No ano 1607, parece que pertencía ao arcediago de Trastámara, mentres que o de San Mamede de Monte pertencía ao Mosteiro de San Martiño Pinario. En 1778, é motivo de disputa a pertenza desta no Tribunal Eclesiástico entre o Mosteiro de San Martiño Pinario e o arcediago de Trastámara.

En 1640, un visitador en nome do cardeal Spinola, ao comprobar o estado ruinoso en que e atopa a igrexa, manda que se fagan as obras necesarias e de non facelo, ameaza con excomungalos ata que as realicen.

En 1971, é necesario realizar unha nova igrexa e o visitador naquel momento manda que os veciños se sirvan da igrexa de Cobas para a misa e os sacramentos, cousa que non lles parece ben aos veciños de Cobas e fan unha protesta na que non deixan a súa igrexa nin os seus fondos para os de San Cibrán.

A finais do século XVIII, faise a nova igrexa, de estilo neoclásico, pero con renovación total, pérdense os vellos retablos e tamén moitas imaxes coma a de San Blas e San Bartolomé, aínda que as maiores perdas están nos obxectos de ourivaría.

O patrón é San Cibrán, bispo de Cartago no século III, que está moi unido á menciña popular e ás supersticións do famoso "Ciprianillo".

SAN MAMEDE DE MONTE

Está situada á beira do río Nantón, na estrada que vai de Negreira a Santa Comba pasando polo centro do concello da Baña.

Componse das aldeas de Buchaín, Nantón, Rucheiro, Seilán, San Mamede, Duomes de Arriba e Duomes de Abaixo. Desta parroquia xa se fai referencia no ano 988; uns documentos reflicten que o monxe Leodefredo lle doa a parroquia e todos os seus lugares ao mosteiro de Antealtares.

A igrexa parroquial sofre varias transformacións, sobre todo a partir do ano 1594, de aí a presenza de varios estilos, que van dende o gótico tardío ata un etilo manierista que se manifesta na capela maior e nos retablos. Ademais como construción relixiosa hai que destacar que en Seilán, con motivo das feiras que alí se celebraban, se construíu unha capela, que primeiro foi de madeira, na que se oficiaba a misa os días de feira, e despois constrúese a hoxe existente, adicada á Virxe da Peregrina. É nesta edifiación, a "carballeira", onde ata os anos 60 se facían importantes transaccións, ata que as feiras van desaparecendo.

Como construcións de carácter civil hai que salientar a presenza de "casonas" como a de Santiso (propiedade de familiares dos propietarios do pazo de Cores, en Barcala) e como a casa de Antelo. O asentamento de poboacion en Seilán debeuse á importancia das feiras, e tivo unha importante época de auxe comercial, así como outras empresas de albanelaría, carpintaría e outros establecementos.

SANTA BAIA DE LAÑAS

Sitúase ao outro lado do monte de Santa Mariña, deslizándose cara ao río Tambre. É unha das parroquias do concello máis accidentadas e por tanto sofre incomunicación; isto por un lado foi bo, pois axudou a que se conservasen tradicións e costumes ancestrais, así como obras de arte.

Os vestixios arqueolóxicos son moitos, a cultura castreña está presente nos castros de Meimendre e O Castro.

Os lugares que a compoñen son: Cantalarrana, moi preto da parroquia de Monte, O Castro, Lañas, Meimendre, Mundris, Prousor, Valiña, Vilar da Torre.

É unha das parroquias máis antigas do concello, no documento Tructino do ano 868 faise mención da súa pertenza á sé iriense.

Como parroquia eclesiástica non pertence ao arciprestado de Barcala senón ao de Dubra, foi xurisdición do Señorío de Santiago. O curato era presentación do Cabido Compostelán que recibía boa parte das súas rendas e cooperaba nos arranxos da igrexa.

Como edificacións artísticas destacan a igrexa parroquial con varios estilos que van dende o románico ata o neoclásico da fachada pasando polo barroco e tamén, no lugar de Vilar da Torre, unha capela de veneración de Santo Antón coa súa fermosa carballeira.

A poboación de Lañas adícase sobre todo á agricultura e á gandaría, sendo ésta unha das principais fontes de riqueza.

SAN PEDRO DE FIOPÁNS

Bañada na súa fronteira leste polas augas do río Tambre -que xunto ao río Barcala son os grandes arquitectos naturais do noso val- a parroquia de San Pedro de Fiopáns constitúe un dos espazos máis fermosos e pintorescos do val de Barcala.

No percorrido pola súa xeografía, atopamos as mesmas paisaxes e a mesma arquitectura que no conxunto do Concello da Baña. A presenza dos prados revela a importancia que nesta parroquia se lle concede ao sector primario -o protagonista económico indiscutible en toda a comarca de Barcala-; no entanto, o seu atractivo máis destacado, atopámolo nos núcleos rurais que compoñen esta parroquia: Alde, Estivadiña, Fiopáns, Troitomil e Vilar de Suso; onde é frecuente descubrir os seus fermosos hórreos, algún pombal que aínda resiste o paso do tempo e as casas de labranza cos seus alpendres tradicionais.

A arquitectura relixiosa amosa a súa xoia coa igrexa parroquial. Situada en San Pedro de Fiopáns, é de estilo barroco e nela consta documentación dende o ano 1777, aínda que a súa construción seguramente se remonta a varios anos antes desa data. Merece a pena destacar a presenza de varios escudos de armas, seis dentro da igrexa, e un no hórreo que se atopa na proximidade da casa reitoral, testemuñas pétreas da estreita vinculación desta parroquia coas familias nobres da época.

SANTA MARÍA DE TROITOSENDE

Situada á beira dereita do río Tambre, limita co Val do Dubra e co Concello de Ames. Atópase ao outro lado do monte de Santa Mariña. É moi fértil e de moitos bosques. Carré Aldao dixo dela: "Es una de las parroquias más hermosas y pintorescas".

As aldeas que a forman son: Menlle de Abaixo, Menlle de Arriba, Portochán, Quintáns, Troitosende, Vilacova e Vilela.

A prehistoria deixou o seu sinal, na presenza do castro e de varios restos, hoxe expostos no Museo de Pontevedra, como estelas funerarias atopadas na aldea de Eira de Mouros (Vilacoba), con gravados que se podían considerar de época celta, da segunda idade de ferro.

Eclesiasticamente, pertence ao arciprestado de Dubra e non está nada claro de quen foi presentación o curato, dende Jerónimo del Hoyo que di que pertencía ao Cabido Compostelán, a Carré Aldao que di que pertencía á Coroa.

O edificio da igrexa puido ser construído no barroco (ano 1707), pero existen restos do románico, como o muro sur da capela maior, que fan que se poida determinar do século XII. Á parte disto, o resto da obra estaría entre o barroco e o neoclásico.

Aféctalle a guerra cos franceses no ano 1800; esta parroquia debe pagar unha cotribución de noventa e seis mrs. para esta guerra, esta cantidade incrementarase no ano 1808.

Economicamente na actualidade a poboación está vinculada ao sector primario e compaxina este traballo cos outros sectores.

SANTA CRISTINA DE MARCELLE

Situada entre O Barro e Suevos, está atravesada polo río Albariña. Noutro tempo pertenceu á xurisdición do Xallas, na actualidade pertence ao arciprestado de Barcala.

Foi dos condes de Gimonde, título concedido polo rei Carlos III en 1765, dise que este condado trae por armas as dos Cisneros.

Ten Marcelle tres lugares: Vilar, Outeiro e Quinteiro con costumes e tradicións ancestrais. Cóntanse historias das loitas carlistas que estiveron vencelladas a algunas familias, recórdase o caciquismo do século XIX naquel dito: "Dios no ceo e Xan Paredes en Marcelle".

Na maneira de falar atópase aínda un ton xalleiro utilizando termos que xa non se usan.

Dos seus monumentos destácase a igrexa do século XVII, anterior a esta había outra da que non se conserva nada. En 1622 construiuse a "capela do Anxel da Garda", que a custeou Gonzalo de Turnes e a súa muller, onde se poñen as sepulturas dos seus pais, hoxe aínda se conserva a devoción ao santo Anxel da Garda, tamén se mantén un retablo e unha imaxe.

A Igrexa faise durante tres séculos pero cun estilo marcadamente barroco, con escasa decoración.

En Marcelle non existen nin ermidas, nin capelas, destaca un pombal na casa reitoral que rompe cos modelos barcaleses, é de planta rectangular e aproveitase a esquina do muro que circunda a dita casa.

SANTA MARIÑA DO BARRO

Está situada na ladeira da montaña máis emblemática do concello da Baña. A Santa Mariña é unha montaña máxica, sagrada, que segundo as tradicións populares orienta os ventos e as choivas e que antigamente recibiu o nome de Cebreiro, Páramos ou O Barro.

No seu cumio houbo noutro tempo, ata finais do século XVII, unha ermida na qe se rendía culto a Santa Mariña, probablemente como resultado da cristianización de rituais ancestrais, seguramente de orixe druídico. A capela foi derrubada no ano 1791 por orde do visitador, por mor da dificultade para manter economicamente o culto e tamén por culpa das inmoralidades que segundo dicían, se producían neste lugar o día no que se celebraba a romaría. A ermida foi substituída por unha cruz e os seus efectos incorporados ás melloras da igrexa parroquial.

Nesta parroquia podemos admirar o pazo dos Leis, tamén coñecido como casa do Barro. Trátase dunha edificación probablemente do século XVI de planta rectangular e dous corpos en liña, un deles con gárgolas nas esquinas. O pazo conta cunha dobre escalinata con balaustradas de pedra e pertenceu ao marquesado dos Leis que obtiveron o título en Mensina, o 12 de maio de 1735. Outorgoullo Carlos VII (futuro Carlos III de España) ao mariscal de campo Bernabé Romeo de Leis, neto de Pedro Romero de Leis, señor da casa de Santa Mariña de Barro, na Baña, provincia da Coruña. Na actualidade, o pazo foi mercado e resturado por unha familia non vinculada ao marquesado dos Leis.

SAN MIGUEL DE CABANAS

Situada ao nordés da capital do concello, ten fronteira coa de Marcelle, Barro e Lañas, coa que compite en número de cabezas de gando.

Esta parroquia, que ten pola súa fronteira norte -a máis extensa- ao Concello de Val do Dubra como veciño, ofrécelle ao visitante o especial atractivo da súa paisaxe -dominada pola presenza mítica do monte de Santa Mariña-, da súa gastronomía e do seu patrimonio que, como levamos visto, consiste basicamente nun conxunto de elementos propios da arquitectura rural: pazos, casas grandes, hórreos, pombais...; e da arquitectura relixiosa: igrexa parroquial, capelas e cruceiros.

A parroquia de San Miguel de Cabanas aparece como parroquia matriz co anexo do Barro dende fins do século XIX. Orixinariamente a igrexa parroquial adicada a San Miguel albergaba algunhas mostras de arte maior con imaxes da Nosa Señora, San Bartolomé, San Roque, San Miguel, San Pedro e San Pablo. Desgraciadamente, unhas obras de construción dun novo templo realizadas en 1943 provocaron a desaparición destas imaxes e doutros elementos que non encaixaban nas dimensións do novo templo. A igrexa actual, de estilo ecléptico, é o resultado da situación que se produciu no seo da Igrexa Católica antes do Concilio Vaticano II, e da súa indecisión entre os estilos máis tradicionais e os máis modernos. A igrexa, cunha fachada barroca similar á que relizou Ferro Caaveiro para a igrexa de San Fructuoso en Santiago, inaugurouse en 1950, engadiuse a torre -inspirada nas composteláns- algún tempo despois.

Paralelamente constrúese a casa reitoral e o centro cultural dando lugar a un conxunto parroquial de gran beleza e harmonía; sen dúbida, o mellor concebido da comarca. As pedras para a construción do conxunto foron extraídas das canteiras de Lañas, Guimaráns e Cantalarrana, e transportadas sen labrar en carros do país, polas xentes da comarca.

A Parroquia de San Miguel fórmana catro aldeas: Cabanas, Guimaráns, Pazo e Igrexa.

SAN CRISTOVO DE CORNEIRA

É a parroquia máis occidental do concello. Situada no val de Barcala, é lugar de paso cara á Costa da Morte, a ruta mariana cara a Muxía. Limita ao oeste coa parroquia da Riba e está bañada polo río Barcala.

As aldeas que a compoñen son: Agromaior, Barreiros, Corneira, As Foxas, Ferraces, Outeiro, Piolla, Ponte Corneira, Vilanova, Vilar de Cerdeiras, Vilar de Cima e Vilariño.

Os restos prehistóricos están presentes no petróglifo de "A Lagoa". Eclesiasticamente no ano 1607 era anexo de San Xoán da Riba. Como monumento histórico-artístico destacan a igrexa parroquial que corresponde ao terceiro terzo do século XVIII e a capela maior que se construiu no XIX. Sufriu varias transformacións ao longo do tempo.

Outra construción representativa atópase na aldea de Ferraces, "O Pazo"; co seu pombal, pertence á familia Romero. Na actualidade presenta un estado ruinoso, pero conserva un patín co seu corredor cuberto e as portas ornamentadas con arcos conopiais e escudo ovalado que evoca os Romero e os Moscoso.

Na actualidade a poboación adícase en parte á agricultura e gandaría pero tamén destaca o sector madeireiro e o da construción así como o sector servizos. A presenza de establecementos é patente debido a ser zona de paso cara á costa.

SAN MAMEDE DE SUEVOS

O territorio no que hoxe distinguimos o Concello da Baña é o máis "céltico" do país. A súa toponimia: Francos, Suevos... alude á presenza dos pos centro-europeos que ocuparon estas terras antes ou despois da romanización. Segundo Manuel Murguía, estes dous pobos aluden aos Kimrikas, antigos poboamentos da nosa terra, e para Carre Aldao, nestas aldeas vivirían os descendentes dos antigos poboadores da comarca. Destes tempos, ademais da toponimia, atopamos restos arqueolóxicos entre os que destaca o castro coñecido como "O Castillo".

A parroquia amosou dende sempre unha alta relioxidade, chegando a contar con catro confrarías entre os séculos XVII e XVIII. A igrexa parroquial é de estilo neoclásico e comezou a construírse en 1767, aínda que non se rematou de xeito definitivo ata o século XIX co engadido da sancristía.

A parroquia de San Mamede de Suevos atópase xeograficamente nas terras altas do río Xallas, pertence ó Arciprestado de Céltigos e ó Arcedinato de Trastámara. Ten unha etensión de 7,5 km2 e compóñena sete aldeas: Cruz, Choupana, Failde, Faxín, Reguengo, Francos e Suevos que, basicamente, atopan o seu sustento no cultivo da terra e na explotación gandeira.

ERMIDA

Esta parroquia do Concello da Baña, aínda que foi suprimida eclesiásticamente, segue figurando como tal a nivel administrativo. Ten unha extensión de 4,4 km2 e componse de tres aldeas: Edreira, Ermida e Gosende. Como evidencias da longa antigüidade destes lugares, atopamos a pegada da cultura castrexa que na idade do ferro dominaba Galicia, nun lugar coñecido como Castro da Ermida ou Castelo da Ermida.

Como na restante paisaxe da Baña, aquí é frecuente atopar fermosas casas labregas cos seus alpendres, eiras e hórreos, que nesta parte do concello son de tipo xalleiro, tamén coñecidos como de Coristanco ou Fisterra. A súa estrutura constrúese totalmente en pedra agás o tellado. As bases son columnas redondas rematadas con pouco diámetro, detalle que lles proporciona unha innegable imaxe de elegancia e esvelteza. Os tornarratos son redondos coma rodas e encima deles aséntase o piso do graneiro. Os muros de cachotaría superposta non levan ningún tipo de recebo. Xeralmente a cuberta é de madeira e o tellado constrúese a dúas augas.

A paisaxe, modificada polas actuacións humanas, reflicte a principal ocupación das súas xentes: a gandaría e a agricultura, soportes económicos da maior parte das familias de Ermida.

SAN XOÁN DE RIBA

Situada ao noroeste do val de Barcala, entre os cursos dos ríos Abuín e Barcala, ten unha extensión de 10,6 km2 e conta con doce aldeas: Bafadoira, Campelo, Carballeira, Costa, Ferreiros, Folgueira, Loureiro, Manle, Riba, San Xoán, Vigobo e Trece. Está situada cerca do val e na zona alta da meseta, o que a converte nunha das parroquias máis extensas do concello.

En San Xoán de Riba atopamos a pegada dos antigos poboadores de Galicia. O petroglifo de "Teixoeira" na aldea da Carballeira, "Peña Miñato" na aldea de Ferreiros e o conxunto de mámoas -restos da cultura funeraria dos poboadores castreños- no lar coñecido como "As Brañas de Ferreiros", testemuñan a presenza humana nestas latitudes dende tempos ben antigos. A tradición oral destas terras fala dun poboamento que se localizaba na proximidade da lagoa das Brañas de Ferreiros, e que, por motivos descoñecidos, se afundiu nas augas da lagoa. Hoxe en día atopanse restos de cerámica cando por mor das faenas agrícolas se abren canles no terreo, quizais como proba inequívoca da existencia do poboado ao que fan referencia as lendas.

A arquitectura relixiosa ten en San Xoán da Riba o seu máximo expoñente na igrexa parroquial. Orixinariamente de estilo románico, sofreu varias remodelacións entre os séculos XVII e XVIII. Como consecuencia destas actuacións, a igrexa é a día de hoxe un conxunto de estilos entre os que poden apreciarse en diferentes partes da súa estrutura, o barroco e o neoclásico.

No aspecto económico, domina nesta parroquia -como noutros puntos da nosa xeografía comarcal- o sector primario. Con máis de 1000 cabezas de gando vacún, a gandaría destaca como a principal fonte de recursos para as familias que moran nestas terras. A paisaxe reflicte a actividade económica debuxando un mosaico de prados e bosques que lonxe de resultar monótono, actúa como un eficaz bálsamo para a vista.