Concello da Baña, forma a Comarca de Barcala, conxuntamente con Negreira.

Está situado nun fermoso val con 15 parroquias; posúe vestixios arqueolóxicos como os Castros da Baña e Lañas, as mámoas de Ferreiros, etc.

Foi unha zona intensamente romanizada, o que se desprende da súa toponimia. A presenza de núcleos como Suevos e Francos dan fe do asentamento de pobos bárbaros.

Na época medieval foi berce dos Trastámara, dominio dos señores de Altamira; personaxes como Xelmírez ou a raíña Urraca dan constancia dun momento florecente.

románico e o gótico deixan a súa pegada sobre todo nas igrexas; comeza pois unha época de florecemento no século de ouro que continuará no século XVI, con construcións palacianas como o pazo de Leis.

No século XVII, sobre todo no período barroco, houbo outro momento florecente; destacan as torres-campanario das igrexas(Fiopáns, Monte).

Isto dá paso a épocas de decadencia económica e política, reformas na súa maior parte debidas ás guerras da independencia e carlista, ás incautacións de bens eclesiásticos e de confrarías, así como á suba de impostos.

E xa no século XX, continuando coa decadencia, esta terra consegue sobrevivir coa agricultura, a gandaría e tamén coa emigración.