É esta a sexta edición na que o Concello da Baña ten o gusto de organizar para o curso 2008/09 actividades físico deportivas para nenos e nenas e para persoas mozas e adultas. Queremos facer fincapé nun obxectivo prioritario: ampliar a nosa oferta de actividade fisica e deportiva, xuntando a todos os colectivos en actividades que acheguen a convivencia, o lecer e a actividade física

Actividades previstas

  • Deportes alternativos
  • Fútbol sala masculino e feminino
  • Bádminton
  • Hóckey
  • Patinaxe
  • Voleibol
  • Baile galego

Actividades para adultos:

  • Ximnasia de mantemento
  • Voleibol
  • Actividade física para a terceira idade

Actividades para os máis pequenos/as (3-6 anos):

  • Psicomotricidade

Prezos

  • 1 actividade = 50 Euros anuais
  • 2 actividades = 75 Euros anuais

Obxectivos xerais destas escolas

  • Fomentar a actividade física e deportiva, facendo especial fincapé en aspectos como a participación e a diversión do alumnado.
  • Favorecer a maduración e o desenvolvemento biolóxico, psicolóxico e social dos nenos e nenas.
  • Desenvolver a capacidade de tomar decisións individuais e colectivas con relación á execución motriz, de acordo coa observación e percepción do xogo e a súa relación cos diversos obxectivos que hai que cumprir.
  • Favorecer o desenvolveento da actividade física como medio para manter a saúde e a interacción social.
  • Fomentar que os nenos e nenas se relacionen cos demais e aprendan a respectar as normas.
  • Posibilitar o desenvolvemento de actitudes positivas cara ao propio corpo e ás súas manifestacións lúdicas, artísticas e deportivas.
  • Potenciar os valores educativos e formativos do deporte: compañeirismo, convivencia, esforzo, deportividade, respecto, superación, autoestima, traballo en equipo, etc.
  • Desenvolver as capacidades e habilidades instrumentais que perfeccionen e aumenten as posibilidades de movemento do alumnado.
  • Aceptar os demais, recoñecendo o feito de gañar ou perder como elementos propios do xogo.
  • Adquirir dominios técnicos, tácticos e xestuais propios de cada deporte.
  • Utilizar a práctica psico-deportiva como un elemento de primeira orde para a formación integral do/a neno/a e o desenvolvemento da súa personalidade.

Inicio das actividades

A data de inicio será a semana do 6 de outubro do 2008 e a finalización o 30de maio do 2009.

Actividades deportivo-culturais

Nesta sexta edición, ante a demanda existente por parte dos pais, propoñemos de novo a actividade de baile galego, na que un profesor altamente cualificado e integrante dun dos grupos máis importantes do panorama do baile tradicional galego guiará esta actividade na que invitamos a participar a todos os nenos e nenas e mozos e mozas do municipio.

Actividades extraordinarias

A Concellería de Xuventude e Deportes, está a traballar na "I Viaxe á neve", na que todos os menbros da familia se poderán desprazar á estación de montaña de Cabeza de Manzaneda con monitores especializados en esquí e actividades ao aire libre. As datas previstas son o sábado 6 e o domingo 7 de decembro.

Os días 22, 23 e 24 de decembro, celebraremos o "II Festival Nadal Xogo".

Gozaremos tamén do "II Día do deporte para todos" no que achegaremos a actividade física e o deporte ás rúas do noso concello.

Lugar e prazo das inscricións

Todas as persoas interesadas poderanse inscribir directamente na casa do concello. Recoméndase, por motivos organizativos e para non ter problemas coas prazas, facelo canto antes. Finalmente comunicaráselles a todas as persoas inscritas a data de inicio e calquera modificación que se poida dar nos horarios.

Máis información no Telf.: 981886501

Horario

  Martes Xoves Venres
14:45 - 15:30 (A Baña) Psicomotricidade Psicomotricidade  
15:45 - 16:45 (A Baña) Patinaxe Iniciación Fútbol sala nenos Patinaxe
16:45 - 17:45 (A Baña) Patinaxe Perfeccionamento Fútbol sala nenas Hóckey
17:45 - 18:45 (A Baña) Hóckey Actividade física para a 3ª idade Voleibol mocidade e adultos
18:45 - 19:45 (A Baña) Actividade física para a 3ª idade   Fútbol sala nenas
20:30 - 21:30 (A Baña) Ximnasia de mantemento   Ximnasia de mantemento
  Sabado
11:45 - 12:30 (A Baña) Fútbol sala
12:30 - 13:15 (A Baña) Deportes alternativos
13:15 - 14:00 (A Baña) Bádminton
16:00 - 18:00 (A Baña) Baile galego
16:30 - 18:00 (Lañas) Deporte
18:00 - 19:00 (Lañas) Ximnasia de mantemento