• A documentación pódese consultar nos concellos da Baña e Negreira ou no portal web das consellerías de Economía e de Medio Ambiente

  • Facilitamos os enlaces co acceso a esta documentación

20201130 recurso pe troitomil

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de anunciar hoxe que comeza a exposición pública da documentación do parque eólico de Troitomil, que a empresa Green Capital Power vai facer nos concellos da Baña e de Negreira.

O prazo para presentar alegacións é de 30 días a partir de mañá. A documentación estará exposta a disposición dos interesados nos concellos da Baña e de Negreira, así como nas dependencias da sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, ubicada na rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar da cidade da Coruña (aténdese de 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion. Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 23).

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda .

A documentación relativa a este parque eólico, que foi remitida pola Xunta de Galicia ao Concello da Baña, pódese consultar nos seguintes enlaces:

Documentación do parque eólico de Troitomil no portal web da Consellería e Economía

Acordo do 15/02/2021 de Información Pública (DOG):

Documentación Técnica do Proxecto:

Proxecto Execución (xaneiro 2021-vsdo.29/01/21):

Plano Xeral das instalacións:

Estudo de Impacto Ambiental (EIA) (abril 2020-asdo.26/05/20):

Proxecto Sectorial de incidencia supramunicipal (maio 2020-vsdo.26/05/20):