Imprimir
Categoría: Medio ambiente
Visto: 1604

 ALI1750A empresa Ascan empezará mañá, a partir das sete da mañá (07.00 horas) a recoller os contenedores amarelos no concello da Baña, actualmente cheos de plástico dende que a empresa Soil Recovery deixou de prestar servizo ao entrar en concurso de acredores. 

O Concello decidiu contratar de xeito provisional a firma Ascan para recoller os plásticos e latas que están a encher os contenedores amarelos repartidos polo municipio. “Non queremos que, coa chegada do mal tempo, o aire e a choiva, se poidan espallar os plásticos e, incluso, provocar algún incidente”, explicaba o alcalde, Andrés García Cardeso.

Ata o momento este servizo o viña prestando a empresa Soil Recovery, que tamén deixou de atender o punto limpo da Baña cando entrou en concurso de acredores, unha situación que tamén se produciu en Negreira.

Nestes momentos hai algunha empresa que está interesada en facerse cargo da atención do punto limpo e da recollida de plásticos, pero mentres non se regularice a situación, o Concello decidiu contratar provisionalmente os servizos de Ascan para a recollida dos plásticos. O equipo de goberno “quere que a nova empresa se faba cargo tamén do persoal que viña traballando no punto limpo”, explicou Andrés García Cardeso.

O alcalde recordalle á veciñanza que os primeiros luns de cada mes, o Concello seguirá recollendo os enseres voluminosos e refugallos polas casas dos veciños que así o solicitaron previamente.