20190416 BalnearioA Xunta de Galicia convoca un total de 700 prazas para participar no programa de Benestar en balnearios. Esta acción está destinada a persoas de máis de 60 anos, ou de 55 que reúnan a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social. O programa inclúe estadía, aloxamento, manutención en réxime de pensión completa, tratamentos termais, actividades de animación sociocultural e unha póliza colectiva de seguro turístico. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica antes do día 3 de maio.

O programa de Benestar en balnearios dirixido a nauires de 60 ofrece 700 prazas para a estancia de 10 días e 9 noites en algún dos 14 centros termais que forman parte da iniciativa. As persoas beneficiarias do programa serán aquelas que superen os 60 anos, ou os 55 se son pensionista, que estean empadroadas nalgún concello galego, que non padezan alteracións do comportamento que podan afectar á normal convivencia e que carezan de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

Os servizos e prestacións inclúen estadía durante algún dos periodos ofertados polos balnearios repartidos por toda Galicia, aloxamento, manutención en réxime de pensión completa, tratamentos termais, programas de actividades socioculturais e póliza colectiva de seguro turístico

O prazo de presentación de solicitudes é ata o día 2 de maio e a adxudicación de prazas terase en conta un baremo no que se teñen en conta a idade e os ingresos económicos dos solicitantes.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e para a súa tramitación, haberá que presentar a documentación que se especifica no documento que se adxunta ao pe de páxina. No documento tamén aparece a oferta de centros termais e as quendas das estancias.