20190912 Cartel A Baña Portas AbertasA Concellaría de Xuventude e Deportes da Baña organiza mañá e pasado, días 12 e 13 de setembro, dúas xornadas de portas abertas nas que os nenos e nenas poderán coñecer a oferta das escolas deportivas municipais para o presente curso escolar.

Dende as 15.45 horas do xoves, día 12, nenos e nenas poderán practicar baloncesto, patinaxe artística (17.00 h) e pilates (19.30 h).

O venres, día 13, poderán xogar a tenis de mesa (15.45 h), fútbol sala (17.30 h), tiro con arco (18.30 h), xadrez (19.00 h) e baile moderno (19.30 h).

Coa finalidade de que a cativada poida inscribirse no deporte que máis lle guste, o venres estarán xa postos os días e horarios nos que se ofrecerá cada modalidade.

A vindeira semana, de luns 16 ata o venres 20, estará aberto o prazo de inscrición nas dependencias municipais.

Estas actividades darán comezo o luns, 23 de setembro.

Ademais das escolas deportivas, o Concello da Baña ofrecerá tamén este ano clases de robótica e informática, así como a ampla oferta da Escola Municipal de Música.