20190920 CMP Trail Baña 2018 16

Roberto Tuñas González, membro do Club Atletismo Negreira que ven de conseguir a terceira praza no Campionato Galego de Trail celebrado en maio, quere repetir podio tamén este ano no CMP Trail da Baña, que na pasada edición rematou na terceira posición. Tuñas é un dos inscritos na trail longo, que vai percorrer 26,5 quilómetros polos fermosos paisaxes da Baña o vindeiro 6 de outubro. A carreira de montaña da Baña contará tamén cun trail curto de 17 km, e dúas andainas non competitivas, una de 16 km (pro) e outra amateur de 10,5 km.

O Concello da Baña e o Grupo de Trail e Montaña (GtraM) Val de Barcala, organizadores da proba, contan co patrocino da prestixiosa marca italiana de roupa deportiva CMP e de Deportes Alvite, tras o éxito da edición do ano pasado, na que participaron 300 atletas. A inscrición poderase facer a través da web emesports.es ta as 23.59 horas do xoves 3 de outubro.

Nesta cuarta edición do Trail da Baña, a segunda patrocinada por CMP, a proba mantén as características de anos anteriores e contará con dúas distancias: haberá un percorrido de 26,5 quilómetros, cun desnivel de 780 metros positivos; e outro de 17 km, con 500 metros de desnivel. Quen o prefira, tamén poderá percorrer os montes da bisbarra da Barcala participando nas andainas non competitivas proTrail (16 km) e amateur (10,5 km). A organización modificou en gran parte as zonas do percorrido este ano, aínda que deixou a estrutura da edición anterior que segue tendo unha dificultade media no trail e baixa no mini trail.

20190920 CMP Trail Baña 2018 8

A inscrición na proba de 26,5 quilómetros custa 15€, mentres que a de 17 quilómetros custa 10. Para participar na andaina ProTrail hai que abonar 8 euros, e 5 euros na amateur. A idade mínima para participar é de 16 anos para todas as categorías, nas que os  menores de idade necesitan consentimento paterno firmado e, no caso da andaina amateur, terán que ir acompañados dun titor. A inscrición xa está aberta e pode facerse a través da web emesports.esata as 23.59 horas do vindeiro xoves 3 de outubro.

Gráficas Esteiro (Santiago), Talleres Baleato (Val do Dubra), Coca Cola, e emesports.es patrocinan tamén esta actividade que se está a converter nun referente galego das cada vez máis populares carreiras de montaña.

Na edición do ano pasado, os tres primeiros clasificados na categoría absoluta foron Víctor Cousillas, Hamza Belhadj e Roberto Tuñas González, en homes; e María Fabeiro Romero, María Marque e Sonia Botana, en mulleres.

Cátering, gardería e fisioterapia gratuítos para participantes

Esta é a cuarta edición do trail que organiza o Concello da Baña, que segue apostando “polo deporte, ven sexa coa organización de diferentes probas, como polo reforzo das escolas deportivas, para fomentar hábitos de vida saudables e o espírito olímpico entre a veciñanza”, indica o alcalde. José Antonio Pereira Gil agradece a colaboración das empresas patrocinadoras, que fan posible que A Baña “siga contando cunha carreira de montaña que quere ser referente dentro do circuíto galego e nos permite amosar as fermosas paisaxes que temos na Baña”.

Os corredores tomarán a saída dende a praza do Concello da Baa ás 09.45 (trail) e ás 10.15 horas (andaina). A meta estará situada tamén na praza do Concello, e os atletas deberán recoller os dorsais no campo de fútbol de Cartas o mesmo domingo, 6 de outubro, dende as 08.00 horas.

20190920 CMP Trail Baña 2018 23

O percorrido, que ten unha dificultade media, transcorre polos montes da Baña. Estará sinalizado e contará con tres puntos de avituallamento líquido e sólido (para o trail), e dous puntos para o mini trail. Nas andainas haberá tamén un avituallamento por cada proba. O presidente do GtraM Val de Barcala, Sergio Vieites, aconsella aos participantes levar, como material recomendado para esta proba, impermeable, teléfono móbil cargado, vaso e sistema de hidratación propio. “É unha cuestión de prevención, aínda que cada atleta coñece ben as súas posibilidades e xa sabe o que ten que levar”, sinala.

Haberá premios para os tres primeiros da xeral, e de cada unha das tres categorías establecidas para o trail, tanto en homes como en mulleres: absoluta (maiores 18 anos), veteranos 1 (maiores 40 anos) e veteranos 2 (maiores 55 anos).

Para fomentar a participación familiar, o Concello ofrecerá  servizo de gardería gratuíto para os atletas, e tamén de fisioterapia para facilitar a súa recuperación física unha vez rematada a proba. Na liña de meta haberá tamén un servizo de cátering para que os atletas repoñan forzas.