Con motivo da celebración do magosto organizado polo Concello da Baña en colaboración coa comisión de festas da Baña e da Asociación de Mulleres Alborada, infórmase a toda a cidadanía de que se vai cortar o tráfico na Praza do Concello dende o venres, 25 de outubro, ás  21.00 horas, ata o sábado,  26 de outubro, durante todo o día.
O goberno agradece a colaboración da veciñanza, e solicítalle que retire os vehículos aparcados de toda a zona afectada con antelación suficiente. Así mesmo, quen teña garaxe na zona, debe prever a imposibilidade de acceder dende o garaxe á rúa na mesma franxa horaria.