A Axencia de Lectura da Baña fai as súas propostas lúdico-educativas para estes días de confinamento, uns xogos de elaboración caseira e sinxela cos que poderemos manter a mente activa ao tempo que nos entretemos. As actividades baséanse en xogos clásicos e van dirixidas ás familias, dado que teñen un nivel de dificultade adaptado a todo tipo de persoas.

O dominó caseiro e o xogo de memoria memo-memo son as primeiras propostas. Están elaborados con materiais que están ao alcance de todos e todas e permítennos poñer en práctica as nosas dotes creativas durante o proceso de creación do xogo.

Podes descargar os tutoriais detallados de cada xogo nos arquivos adxuntos a esta nova.

20200331 Xogo memoriaMemo-memo

  • Necesitamos cartolina, tesoiras, regra e lapis de cores.
  • Recortamos pezas dunha cartolina dun tamaño aproximado de 6cm x 6cm. Facemos o mesmo debuxo cada dúas pezas. Tamén podemos baixar imaxes da Internet e inserilas nun documento.
  • Despois, poñemos as pezas boca abaixo sobre unha mesa e imos destapando por quendas de dúas en dúas ata que logremos facer unha parella; se non facemos a parella, vólvense a poñer boca abaixo e intentámolo de novo cando chegue a nosa quenda.
  • Gaña quen consegue facer máis parellas.

20200331 DominoDominó

  • Necesitamos cartolina, tesoiras, regra, lapis de cores e 28 pezas de 8cm x 4cm recortadas na cartolina, coas que faremos as pezas do dominó.
  • Podemos poñer os puntos tradicionais ou facelo con distintos debuxos que os máis pequenos e pequenas poidan pintar.
  • Para iso colleremos seis debuxos distintos e faremos patróns como os do dominó numérico.
Attachments:
Download this file (Dominó.pdf)Dominó caseiro[Dominó caseiro]168 kB
Download this file (Xogo de memoria.pdf)Xogo de memoria[Xogo de memoria]54 kB