20200717 Campamento exipto web

O campamento urbano da Baña, que promove o Concello para facilitar a conciliación familiar e laboral durante as vacacións, está dedicado este ano a coñecer a evolución da humanidade. Durante as dúas últimas semanas, os 40 nenos e nenas que acoden as actividades puideron aprender como vestían, comían e vivían os homes e mulleres da Prehistoria e tamén da época dos faraóns de Exipto.

Mediante xogos, pinturas e moitas máis actividades, e divididos en grupos reducidos segundo a idade para respectar as medidas de seguridade pola covid-19, nenos e nenas pasan mañás divertidas na área recreativa Agra de Chans e tamén no centro social e da terceira idade, a onde acoden o inscritos no campamento de máis idade.

Dentro destes campamentos temáticos, nenos e nenas comezaron a coñecer un pouco a Prehistoria da humanidade, e acabaron disfrazándose de neandertales. Estes últimos días estiveron coñecendo a historia de Exipto, coñecendo onde vivían, como vestían e como se alimentaban. E claro, a semana rematou coa gran maioría disfrazados de faraóns e faraoas.

Ademais destas actividades lúdico formativas, o deporte tamén ten cabida no campamento urbano. A piscina municipal é unha das preferidas da rapazada. Alí acoden aos cursos de natación e a mergullarse para refrescarse do intenso calor dos últimos días.

Album de fotos na páxina de Facebook do Concello da Baña (neste enlace)

 20200717 Campamento neandertal web