• O taller celebrarase o sábado 13 de febreiro a partir das 18:00 horas na plataforma Zoom

  • Terá unha parte teórica e outra práctica, na que as persoas participantes aprenderán mecanismos básicos para regueifar

inscricions

O Concello da Baña abre ata o día 10 o prazo de inscrición para participar nun obradoiro gratuíto de regueifa que se desenvolverá por videoconferencia na plataforma Zoom na tarde do 13 de febreiro.

O obradoiro terá unha breve parte teórica, na que se falará de que é a regueifa e se fará un percorrido pola súa historia ata o momento actual; e outra parte práctica, na que as persoas participantes poderán aprender mecanismos básicos para regueifar.

Este taller en liña comezará ás 18:00 horas e a duración será de ao redor de unha hora e media. Impartirao a barcalesa Olalla Liñares, xornalista e docente de Lingua Galega que desde o ano 2017 está vencellada á improvisación oral en verso a través de proxectos como Enreguéifate.

O Concello da Baña realizou unha enquisa virtual coa fin de saber cal era o interese neste obradoiro. Respondeu unha ducia de persoas, once delas maiores de 17 anos. Os menores de 12 anos poden asistir tamén, pero deberán estar acompañados dunha persoa adulta mentres dure o taller.

A enquisa tamén revelou que a maioría das persoas interesadas preferían que o obradoiro se fixese en sábado. Das nove respostas á pregunta de que día da semana elixirían, catro optaron polo sábado, dous polo venres, outras dúas polo xoves e unha polo mércores.

En canto á hora, contestaron dez persoas, con empate a tres entre as 16:00 horas e as 18:00 horas, as opcións máis elixidas.

As inscricións no obradoiro poden facerse tanto por correo electrónico (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) como por teléfono (607 153 604), indicando nome, apelidos, dirección de correo electrónico e número de teléfono.