Imprimir
Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
Visto: 885

20190308 Dia MUller imagen FEMPO Concello da Baña conmemora mañá o Día Internacional da Muller sumándose á declaración institucional da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que se pode ler no documento adxunto . Con motivo da celebración do 8 de marzo, está organizada unha concentración na Praza do Concello na que se procederá a ler a Declaración Institucional da FEMP a partir das 11.00 horas. A artista local Silvia Capelo fará unha performance durante o acto, para que quede unha obra para o recordo. En caso de choiva, os actos trasladaranse ao centro social e da terceira idade..

Tras 40 anos de democracia local, A Baña aproveita o día Internacional da Muller para mirar atrás e non esquecer de onde vimos. Unha data coma o 8 de marzo invita á reflexión sobre os avances acadados en materia de igualdade de xénero e todo o que aínda queda por conquistar. O 3 de abril de 1979, tras as primeiras elección municipais da democracia España deu a benvida ás “103 alcaldesas do 79”, as primeiras mulleres que conseguiron ocupar ese posto na historia do país.

Estas 103 mulleres tiveron a valentía de dar un paso á fronte e liderar o cambio nos seus municipios. De non ser polas corporacións locais, hoxe en día non poderíamos dicir que hai 1.565 alcaldesas en España, aseguran dende a FEMP. Ao longo de todos estes anos, foron as institucións municipais as que introduciron e impulsaron a necesidade de reflexionar ao redor da evolución das políticas de igualdade, noutras palabras, asumiron o papel de axente de cambio.

Por iso, este 8 de marzo A Baña, e tras acordo unánime de todos os grupos da Corporación, organiza unha concentración na Praza do Concello ás 11.00 horas, no que unha muller leerá a Declaración Institucional da FEMP, e asumida polo concello. A artista local Silvia Capelo sumase a iniciativa cunha performance coa que quere deixar unha obra para o recordo. En caso de choiva, o acto trasladarase ao centro social e da terceira idade. Deste xeito o municipio, xunto coas políticas de igualdade que adopta, aporta o seu gran de area a esta causa.