20190528 ITV movilAgricolas 5A veciñanza da Baña que teña que pasar a ITV dos seus vehículos agrícolas, poderá facelo o vindeiro 1 e 2 de xullo na capital municipal. A unidade móbil 3 da inspección técnica de agrícolas estará situado na explanada próxima á nave municipal que se atopa preto do colexio público San Vicente.

Para poder pasar a ITV, as persoas interesadas deberán pedir cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou dende a páxina web www.sycitv.com (preme aquí), poñendo a matrícula do vehículo e elixindo a estación móbil da Baña. A petición por internet para pasar a ITV agrícola na Baña pódese facer a partir do día 1 de xuño.

O horario no que se pode pasar a ITV na Baña é de 09.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas, o luns día 1 de xullo. O martes día 2 a unidade móbil só estará operativa en horario de mañá, de 09.00 a 13.30 horas.