Imprimir
Categoría: novas
Visto: 945

20190618 Horario Veran

 

O Concello da Baña iniciou este luns o horario de verán para a atención ao público. Do 15 de xuño ata o 15 de setembro as oficinas municipais estarán abertas á veciñanza de 08.00 ata as 14.00 horas de luns a venres. Este mesmo horario é o que manterá o rexistro municipal.

Deste xeito, as oficinas municipais manterán o mesmo horario de atención ao público que o resto do ano, pero empezando unha hora antes. Os sábados, as oficinas permanecerán pechadas.

A partir do 15 de setembro recupérase o horario habitual, de 09.00 a 15.00 horas, tamén de luns a venres.

A Biblioteca municipal reabre o luns 24

A Biblioteca Municipal da Baña permanecerá pechada esta semana. O vindeiro luns, día 24, volverá abrir no seu horario habitual.

A oficina técnica permanecerá pechada o día 24

O vindeiro 24 de xuño non haberá atención ao público na oficina técnica do Concello da Baña. Non obstante, será posible a tramitación da documentación referida a calquera expediente no rexistro xeral do concello.