Educación Familiar do Concello da Baña ofrécelles aos nenos e nenas menores de 3 anos e ás súas familias a oportunidade de compartir un espazo lúdico e de convivencia na Casa de Cultura da Baña en horario de 16.30 a 18.00 h.

Hoxe, venres 5, presentarase oficialmente a mascota da actividade á que os nenos e nenas lle terán que por un nome. Ademais, as familias decidirán os temas que se van tratar nas vindeiras sesións así como os profesionais que lles interesaría que participasen.

Ficheiros: 

Os_venres_para_os_m_E1is.pdf