O SNL presenta o programa Xograres que pretende implicar toda a comunidade bañense de maneira que consiga unha interacción entre o mundo actual e o tradicional para evidenciar a permanencia e a continuidade da lingua galega.

Xograres comezou coa Escola Infantil de Lañas con Xograres, a cociñar e para presentalo oficialmente, proxectouse na Casa de Cultura do Concello da Baña especialmente para os pais e nais do alumnado participante o venres, 26 de marzo.

Xograres, a cociñar consistiu en gravar a escenificación que o alumnado fixo dunha receita de níscaros con gambas e puxo fin ao traballo por proxectos en infantil que seguen na escola de Lañas.

Nesta visita, o alumnado de Lañas xunto co seu profesor Alonso Caxade e as súas familias aproveitou para coñecer a biblioteca e a casa do concello.

O vídeo xa está dispoñible na páxina de inicio do Concello da Baña.