BASES

1.    Poderán participar todos os nenos e nenas cunha idade comprendida entre 3 e 16 anos que acudan á ludoteca da Festa da Filloa da Pedra para xogar ou exclusivamente para participar no concurso.

2.    Todos os carteis terán como tema a Festa da Filloa da Pedra.

3.    Cada participante presentará unha soa obra orixinal de deseño gráfico que servirá para promover a Festa da Filloa da Pedra.

4.    Os/As participantes utilizarán para deseñar os carteis cartolinas brancas tamaño DIN A4 e o material de pintura que lles facilitará o persoal da ludoteca.

5.    Establécense catro categorías:

Categoría 1: participantes con idades comprendidas entre 3 e 6 anos

Categoría 2: participantes con idades comprendidas entre 6 e 8 anos

Categoría 3: participantes con idades comprendidas entre 9 e 12 anos

Categoría 4: participantes con idades comprendidas entre 13 e 16 anos

6.    Os/as gañadores/as de cada categoría recibirán un agasallo acorde coa súa idade e relacionado coas artes gráficas.

7.    Os carteis participantes quedarán en poder do Concello da Baña que poderá reproducilos ou expoñelos no tempo e no modo que considere oportunos así como cedelos a terceiros.

8.    Os orixinais entregaranse na ludoteca da Festa da Filloa da Pedra, o 3 de abril de 2011, en horario de 11.00 a 16.00 h.

9.    Os traballos non poden ter ningunha referencia que facilite a identificación do/a autor/a; a organización asignaralle un número a cada cartel co fin de identificalo/a cando se resolvan os premios.

10. O xurado estará formado por persoas do ámbito da cultura ou do asociacionismo. 

11. O fallo do xurado será inapelable. O xurado poderá declarar desertos algún dos premios se a calidade dos traballos non fose aceptable e valorará a orixinalidade, a creatividade e a calidade lingüística en galego en caso de que inclúan algún texto.

12. O simple feito de presentarse ao concurso supón a plena aceptación destas bases.

Ficheiros: 

BASES_DO_CONCURSO_DE_CARTEIS_DA_FESTA_DA_FILLOA_DA_PEDRA.pdf