Autor: Xosé Miranda
Título: Morning Star
Data de lectura:

Xaneiro de 2012

Resumo:

“Morning Star é unha novela de aventuras no vello estilo dos grandes mestres Stevenson e J. M. Falkner, de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, de gavelas de bandoleiros no século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o seu tobo na Pena de Anamán, do patibulario e toco Lázaro Rivadulla, da sublevación progresista nas rúas de Pontevedra de 1846, dun pozo cun esqueleto, da aprendizaxe da vida, dunha saudade coma un furaco no que cantan os grilos e dunha afastada estrela que brilla cada día soamente para quen sabe ollala.”

(Edicións Xerais de Galicia)

   

Na próxima sesión que será o 1 de febreiro de 2012 en horario de 16.00 a 17.30 h na casa de cultura do Concello da Baña compartiremos a nosa opinión sobre o libro e escolleremos a/s seguinte/s lectura/s.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden achegarse pola casa de cultura na data citada ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodeabana.es) ao que poden acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es).