A actividade Rosalía Pequeniña do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística chega á Baña, concello que pertence á Rede de Dinamización Lingüística

A cantante Uxía e o músico brasileiro Sérgio Tannus ofrécenlles a obra de Rosalía de Castro aos nenos e nenas

A Baña vai acoller a actuación Rosalía Pequeniña da compositora e cantante Uxía o próximo domingo, 22 de setembro, ás 17.30 h, nas escolas vellas de San Vicenzo.

Esta actividade está dirixida, principalmente, a nenos e nenas de 6 a 11 anos e ás súas familias que gozarán dun concerto divertido de alta calidade artística e aprenderán cancións en galego para cantaren xuntos.

Con este concerto, Uxía, a ritmo de muiñeira, de blues ou de rock, achegaralle ao público asistente a obra coa que se iniciou o Rexurdimento da lingua galega no século XIX Cantares gallegos de Rosalía de Castro.

Ficheiros: 

Rosalia_Pequenina.pdf