Os maimiños crearon o seu propio acuario con peixes, cunchas e algas de plastilina na súa última sesión do 11 de febreiro no centro social de San Vicenzo. Este era un acuario máxico porque os peixes cambiaban de color dependendo de se os mirabas directamente ou polas caras que tiñan “vidro” amarelo.