As persoas participantes no Club de Lectura Barcala en Galego decidiron para a próxima sesión comentar os seguintes libros:

Autora: Ánxel Vázquez de la Cruz
Título: Luz de Tebra
Editorial:  Xerais Narrativa
Data de lectura:

febreiro de 2014

Comentario:

“Luz de Tebra é unha obra de rescate. Luz de Tebra vainos levando, relato a relato, chanzo a chanzo, do frío á calor, da intemperie a un forno comunal ou a un furancho dos de loureiro á porta. Ten o peculiar roxarse interior da ánima, do que arde sen se ver. Luz de Tebra é un dos libros de contos que enxerta, xa para sempre, na herdanza das nosas mil e unha noites: Retrincos de Castelao, Dos arquivos do trasno de Rafael Dieste, Os biosbardos de Eduardo Blanco Amor, Á lus do candil de Anxel Fole, Escola de menciñeiros de Álvaro Cunqueiro… Desa estirpe é Luz de Tebra. Cando un le este libro sente o calorífico levedar desa luz da escuridade. E sente a inconfundíbel felicidade clandestina de quen é agasallado co bisbar da boca da mellor literatura.”

Manuel Rivas

“Ya quisiera yo ser capaz de escribir palabras así, milagreras como Santiago, y jodonas como el ángel que lo vuela: el ángel ese que acepta ser llamado doctor aunque él cura contando.”

Eduardo Galiano

Autora: Dolores Redondo
Título: Legado nos ósos
Data de lectura:

febreiro de 2014

Comentario:

“Logo do rotundo éxito de O gardián invisible, Dolores Redondo ofrécenos agora o segundo volume da súa triloxía ambientada no val do Baztán e protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra.

O xuízo contra o padrasto da moza Johana Márquez está a piques de comezar. A el asiste unha embarazada Amaia Salazar, que un ano atrás resolvera os crimes do chamado basajaun, que sementaron de terror o val do Baztán. Amaia tamén reunira as probas inculpatorias contra Jasón Medina, que imitando o modus operandi do basajaun asasinou, violou e mutilou a Johana, a filla adolescente da súa muller. De súpeto, o xuíz anuncia que o xuízo debe cancelarse: o acusado acaba de suicidarse nos baños do xulgado. Ante a expectación e o enfado que a noticia provoca entre os asistentes, Amaia é reclamada pola policía: o acusado deixou unha nota suicida dirixida á inspectora, unha nota que contén unha inquietante mensaxe: “Tarttalo”. Cunha soa palabra destaparase unha trama sobrecolledora que envolve a inspectora até un trepidante e emotivo final.”

(Edicións Xerais de Galicia)

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar poden contactar co SNL a través dos teléfonos 607 153 604 / 981 886 501 ou enviar os seus comentarios a través do blog do Servizo de Normalización Lingüística (snl.concellodabana.es) ao que poden tamén acceder a través da páxina web do Concello da Baña (www.concellodabana.es).