AUTORIZACIÓNS MUNICIPAIS PARA VERBENAS E FESTAS POPULARES EN GALICIA (art. 42 da Lei de emprendemento e competividade económica de Galicia)
1. As entidades locais, de acordo co establecido na Lei de medidas urxentes derivada da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, seguen a ser competentes para outorgar as licenzas en materia de verbenas e festas, no caso de que esta sexa necesaria.
2. As verbenas e as festas populares celebradas nun só municipio e sen instalación ou escenarios móbiles non precisarán de licenza municipal; resultará suficiente para a súa celebración a comunicación previa ao concello.
3. Nos casos en que sexa necesaria a licenza municipal porque se vaia utilizar un escenario ou estrutura móbil, a esixencia de proxecto técnico, quedará cuberta coa achega da seguinte documentación:
A solicitude de licenza.
O CIF da entidade organizadora.
O NIF da persoa representante da entidade organizadora.
O xustificante que acredite pagar os dereitos legais á Sociedade de Autores de España.
Os contrato/s laboral/is da/s orquestra/s, que vaia/n actuar nos ditos festexos populares.
Os xustificante/s que acredite/n o ingreso da cota da Seguridade Social correspondente/s ao/s referido/s contrato/s. No suposto de non estar esta documentación a disposición da persoa solicitante, tramitarase a solicitude coa condicionante de presentar posteriormente a documentación antes mencionada.
A póliza de responsabilidade civil.
O boletín eléctrico da instalación asinado polo/a técnico/a competente.
A seguinte documentación técnica en cumprimento da normativa reguladora:
No caso de vehículo-escenario: a declaración de conformidade do fabricante CE e a copia da documentación da ITV conforme, correspondente ao escenario móbil ou documento análogo que acredite o estado de idoneidade deste asinado polo/a técnico/a competente.
No caso de palcos, escenarios ou outras estruturas: o plano de localización e as características da instalación (superficie, materiais...). De ser o caso, se dispón de homologación, achegarase esta coa revisión anual. Requirirase un informe emitido polo facultativo idóneo sobre as condicións de seguridade.
No caso de contar con pirotecnia:
A acreditación do taller de pirotecnia autorizado.
A identificación e os certificados dos expertos pirotécnicos que se encarguen da botadura.
A especificación dos artigos pirotécnicos.
A póliza de responsabilidade civil.
Deberase achegar a documentación con tempo suficiente para autorizar a actividade cunha marxe mínima de 10 días hábiles previos ao seu desenvolvemento.
Ficheiros:
SOLICITUDE_DE_AUTORIZACION_PARA_CELEBRAR_FESTEXOS_POPULARES.pdf