BAILE

Nova tempada

DATA DE INICIO: 13 de novembro de 2010

LUGAR: Centro Social e da Terceira Idade

HORA: a partir das 19:00 horas

Ficheiros: 

Baile1.pdf

OUTONO CULTURAL 2010

- PETER PUNK: 20 de novembro, ás 21.30 h no Local Social de Lañas

- ROI SIXTO: 27 de novembro, ás 21.00 h no Local Social da Riba

- CHARO PITA: 4 de decembro, ás 20.00 h no Local Social de San Cibrán

- GAZHAFELHOS: 5 de decembro, ás 20.00 h no Local Social de Cabanas

- MAGO MARTYN: 8 de decembro, ás 17.00 h no Local Social de Barcala

- GRUPO DE CÁMARA SIGLO DE ORO: 19 de decembro, ás 18:00 h no Centro Social e da Terceira Idade

 ORGANIZAN: Concello da Baña e  Deputación Provincial da Coruña

Ficheiros: 

Outono_Cultural_2010.pdf

A BAÑA COAS TIC

BLOGALÍZATE NA BAÑA

Blogs e páxinas web en galego que pagan a pena

 

BASES

PRIMEIRA. Poderán participar todos/as os/as nenos/as deste concello, que cursen educación secundaria.

SEGUNDA. Para poder participar, os/as nenos/as terán que escoller o seu blog ou páxina web preferida en galego.

TERCEIRA. Os/As participantes poderán presentar a súa escolla no CPI San Vicente ou no Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña persoalmente ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CUARTA. Quedarán excluídas todas as propostas que non estean escritas en lingua galega ou que poidan resultar ofensivas porque a súa temática supoña unha discriminación por razóns de sexo, raza, relixión, nacionalidade...

 QUINTA. As escollas estarán colgadas na páxina web do Concello da Baña (www.concellodeabana.es) e na do CPI San Vicente.

SEXTA. Quedarán eliminadas todas as escollas nas que o/a autor/a non poida ser identificado/a.

SÉTIMA. As persoas gañadoras serán escollidas ao chou de entre todas as participantes.

OITAVA. O premio consistirá nun lote de cinco USB que se repartirán entre as persoas gañadoras.

NOVENA. O sorteo será público e realizarase o día 17 de decembro ás 10.00 h no salón de sesións do concello.

DÉCIMA. Os/As gañadores/as do sorteo autorizan o Concello da Baña a publicar o seu nome con fins informativos en relación con este sorteo.

UNDÉCIMA. O nome das persoas gañadoras publicarase na páxina web do Concello da Baña e na do CPI San Vicente.

DUODÉCIMA. Poderán ser excluídas aquelas propostas que non resulten atractivas, interesantes e orixinais.

DÉCIMO TERCEIRA. A participación neste sorteo supón a aceptación de todas as súas bases.

 

CONTACTO

Tel.: 981 886 501

Fax: 981 886 616

Correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Departamento de Lingua Galega

do CPI San Vicente

O Concello da Baña ofrécelles aos/ás inmigrantes a posibilidade de participar no Curso de galego básico para inmigrantes co fin de favorecer a súa integración na contorna.

 

Días:      9, 10, 16, 17, 22, 23, 24, 30 de novembro

Horario: de 16.00 a 17.00 h

Lugar:     sala de lectura da biblioteca municipal

 

Para poder participar, quen estea interesado/a debe inscribirse na casa do concello, en horario de atención ao público (de 9.00 a 14.00 h).

En caso de dúbida, pode chamar ao teléfono do concello 981 886 501 ou enviar un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

ANÍMATE NA BAÑA

DINAMIZACIÓN DE ADULTOS

HORARIO DAS ACTIVIDADES

  17:00 h 18:00 h 19:00 h

Luns 8

novembro

San Xoán de

Barcala

San Cibrán de

Barcala

San Mamede

do Monte

Martes 2

novembro

Sta. Cristina

De Marcelle

San Miguel de

Cabanas

Sta. Mariña

do Barro

Mércores 3

novembro

San Mamede

de Suevos

San Salvador da Ermida

San Xoán

da Riba

Xoves 4

novembro

Sta. María de

Ordoeste

San Cristovo

de Corneira

 

Venres 5

novembro

San Pedro de

Fiopáns

Sta. Mª de

Troitosende

Sta. Baia de

Lañas

As especialidades que se impartirán son:

  • Obradoiro de música tradicional (recuperación de cancións antigas, clases de pandeireta….)
  • Talleres de cálculo e memoria
  • Taller de elaboración de complementos (pendentes, pulseiras, broches…) con FIMO
  • Arte floral
  • ……..

ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN!!!!!!