O SNL do Concello da Baña invitou a Manuel Dourado para que compartise os seus coñecementos periodísticos co alumnado do CPI San Vicente o día 24 de marzo.

O periodista e escritor, colaborador habitual de Galicia Hoxe, comentou os distintos medios de comunicación escrita actuais, explicou as distintas partes de que consta un xornal, relatou a súa experiencia como director dunha revista escolar, centrouse en como elaborar unha columna de opinión para finalmente propoñerlle ao alumnado que elaborasen eles mesmos unha noticia a partir de 20 palabras que lles ofreceu. E todo isto acompañado dunha manchea de consellos para chegar a ser un bo xornalista.

Manuel Dourado, colaborador de Galicia Hoxe, vaille impartir un Obradoiro de prensa ao alumnado de secundaria do CPI San Vicente, hoxe 24 de marzo, ás 12.00 h por proposta do SNL do Concello da Baña.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de concederlle un curso Celga 4 ao Concello da Baña.

Data de comezo: 23 de marzo

Lugar: aula de cantaría das Escolas Vellas

Horario: de 20.30 a 22.30 h

Días da semana: de luns a xoves

Todas as persoas que queiran presentarse ás probas para obter os certificados acreditativos dos Celga na convocatoria de maio poderán presentar a solicitude antes do 25 de marzo na Secretaría Xeral de Política Lingüística se pretenden presentarse en Santiago de Compostela ou nos gabinetes provinciais de Política Lingüística das provincias en que pretendan realizar as probas.

Tamén se poden presentar directamente no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, nos das súas delegacións provinciais ou territoriais ou por claquera dos medios considerados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común así como nos concellos polo portelo único.

Enlaces:

www.xunta.es/linguagalega/formacion_celga

www.xunta.es/Dog/Dog2010.nsf/FichaSeccion/3302

O SNL presenta o programa Xograres que pretende implicar toda a comunidade bañense de maneira que consiga unha interacción entre o mundo actual e o tradicional para evidenciar a permanencia e a continuidade da lingua galega.

Xograres comezou coa Escola Infantil de Lañas con Xograres, a cociñar e para presentalo oficialmente, proxectouse na Casa de Cultura do Concello da Baña especialmente para os pais e nais do alumnado participante o venres, 26 de marzo.

Xograres, a cociñar consistiu en gravar a escenificación que o alumnado fixo dunha receita de níscaros con gambas e puxo fin ao traballo por proxectos en infantil que seguen na escola de Lañas.

Nesta visita, o alumnado de Lañas xunto co seu profesor Alonso Caxade e as súas familias aproveitou para coñecer a biblioteca e a casa do concello.

O vídeo xa está dispoñible na páxina de inicio do Concello da Baña.

O día 21 de marzo a partir das 8:00 horas, V EXPOSICIÓN DE CANS DE CAZA, onde contaremos coapresenza das mellores razas de cans de caza de Galicia.

Haberá trofeos para:

- Mellor can de caza de cada raza presente na feira.

- Mellor camada de rastreo de caza menor.

- Mellor camada de rastreo de caza maior.

- Mellor camada de cans de mostra.

- Mellor exemplar de raza española.

- Mellor exemplar presente na feira.

Para participar, inscribirse antes do día 12 de marzo nos teléfonos 981 886 501 ou 981 886 777.