A Fundación Preescolar na Casa e o Concello da Baña convídaos a asistir a unha reunión informativa sobre o seu programa educativo.

O Servizo de Orientación a Familias (Espazo das Familias) quere axudar a coñecer e comprender mellor os/as nenos/as e buscar a resposta máis axeitada ás súas necesidades, ofrecendo a nais/pais e avós/avoas a posibilidade de dialogar, reflexionar e analizar a vida cotiá e a súa influencia na educación.

Está dirixido a familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre 0 e 3 anos.

As reunións, quincenais, realizaranse nas seguintes datas e lugares:

Escola de Corneira: xoves, 7 de outubro ás 16.00 horas

Escola de Lañas: xoves, 14 de outubro ás 16.00 horas

Casa da Cultura (S. Vicente): luns, 4 de outubro ás 16.15 horas.

En caso de non poder asistir e estar interesados/as pódense pór en contacto coa mestra, Charo, chamando ao teléfono 617 009 129.