A Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia vén de remitirlle ao Concello da Baña o aviso de que se somete a exposición pública o Catálogo de estradas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia. Logo da publicación do anuncio no DOG o pasado día 1, o catálogo exporase no Concello ata o 15 de abril para que as persoas interesadas poidan presentar alegacións ou suxerencias.

O Catálogo que se somete a información pública recolle a clasificación técnica das estradas da rede autonomica, a súa identificación e denominación, os puntos inicial e final de cada un dos treitos que a constitúen e a súa respectiva lonxitude, así como a súa representación gráfica.

A documentación pode consultarse tamén premendo neste enlace.