imprimir
Categoría: Desenvolvemento local
Visitas: 871

O prazo de exposición pública do Censo electoral do Concello da Baña será do 3 ao 10 de setembro, na casa do concello, en horario de 9.00 a 14.00 h. Calquera persoa pode presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censuais neste período.

A consulta deberá presentala a persoa interesada que ten que identificarse con algún dos documentos de identificación que, para o acto de votación, indica o artigo 85.1 da Lei electoral (DNI, pasaporte ou permiso de conducir no que apareza a fotografía da persoa titular).

Así mesmo, a cidadanía dispón do teléfono 901 101 900 para solucionar calquera consulta.