20190805 Formacion A Sede ElectrónicaO Concello da Baña organiza un curso de formación sobre a Sede electrónica do municipio. Neste taller ensinaráselles aos participantes aos participantes o funcionamento desta páxina web na que se pode solicitar subvencións, pedir licenzas, consultar e facer xestións durante as 24 horas do día e dente calquera dispositivo. 

A participación é gratuíta e terá lugar durante o mes de setembro. O prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de setembro, na Casa do Concello da Baña ou chamando a algúns dos seguintes números de teléfono: 981 886 777, 981 886 501, 682 859 367.