20181026 Carte curso TurismoO Concello da Baña organiza un curso sobre como sentar as bases dun proxecto turístico local. Técnicas da empresa 'Ponle cara al turismo. Turismo comunitario, creativo e industrial' darán as claves do que se debe facer para botar a andar unha empresa local dedicada ao sector turístico.

O curso ten unha duración de dez horas, que se distribúen en tres xornadas: o luns 12 e o martes 13 de novembro, de 17:00 a 20:00 h; e o mércores día 14, de 17:00 a 21:00 h.

O importe da matrícula é de 20€ por persoa e está subvencionado polo Concello da Baña. Para máis información e inscricións, hai que dirixirse á Axencia de desenvolvemento local do Concello da Baña nos teléfonos 981 886 777 ou 981 886 501; ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

20181019 Curso Cociña TradicionalO Concello da Baña, en colaboración con + de 3 Asociación e a UNED Senior, organiza un curso de cociña tradicional galega que ten como principal obxectivo poñer en valor a cultura gastronómica do noso país.

O curso ten unha duración de catro meses (de novembro de 2018 a febreiro de 2019), cun total de 30 horas formativas que se desenvolven en sesións de dúas horas semanais, na vivenda rectoral de San Mamede.

Se ben ten un custo de 50 euros, conta coa subvención do Concello da Baña, polo que o alumnado participante só deberá aboar 15€ en concepto de matrícula.

As prazas son limitadas (15 persoas). Para máis información e inscricións, podes dirixirte á Axencia de Desenvolvemento Local do Concello da Baña nos teléfonos 981 886 777 - 981 886 501.

20181010 Cartel Cata Conservas

O vindeiro domingo 21 de outubro, o Feirón e Romaría de Re-Volta que se celebra na carballeira de Ceilán acollerá unha cata de conservas artesás, organizada polo Concello da Baña e + de 3 Asociación.

A cata terá lugar ás 13.15 h e a conserva mellor valorada recibirá un agasallo.

Máis información e inscricións no teléfono 981 886 777.

20181019 Curso socorrista cartel
A Deputación da Coruña un curso de coordinación de servizos de socorrismo acuático, a través do proxecto EIXO do Plan de Emprego Local, do que poderán beneficiarse mozos e mozas desempregados de entre 16 e 30 anos. Trátase dunha acción formativa acreditada polaque se expedirá o correspondente certificado de profesionalidade de nivel 3 logo de cumprir os requisitos previstos no itinerario.

O curso conta cun total de 15 prazas, ás que pode optar a poboación xove de entre 16 e 30 anos empadroada en concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes. No caso do Concello da Baña, aquelas persoas que estean interesadas en anotarse deberán facelo antes do 14 de novembro na Axencia de Desenvolvemento Local, onde tamén deberán dirixirse para informarse sobre o proxecto (teléfono: 981 886 777).

O obxectivo deste curso é aprender a coordinar os recursos e a loxística dos servizos de socorrismo en espazos acuáticos, supervisando instalacións e recursos humanos e garantindo que se preveñan situacións perigosas, se vixíen as zonas de baño e se realicen, en caso de ser preciso, intervencións de salvamento. Pero ademais, o curso conta cunha formación complementaria sobre sensibilización en igualdade de oportunidades; formación en idiomas (Inglés A1/A2); fomento das novas tecnoloxías da información e comunicación; alfabetización informática e redes sociais; e orientación para a busca de emprego.

Podes obter información máis información sobre o Proxecto EIXO do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña neste enlace.

20181008 CARTEL Re VoltaA carballeira de Ceilán acollerá o domingo 21 de outubro a segunda edición do Feirón e Romaría de Re-Volta, unha celebración coa que se quere recrear o ambiente das antigas romarías dos anos cincuenta do século pasado. As actividades, que inclúen música, mercadiño, demostración de oficios, catas e propostas culturais, comezarán ás 11 da mañá.

O evento está organizado polo Concello da Baña e conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Desde pola mañá haberá postos de venda e exposición de produtos de época, ademais de mostras de oficios. Entre estes últimos, destacan limpabotas ou barbeiros, que darán ambiente de época ao emblemático espazo natural bañés da carballeria de Ceilán, lugar de celebración dunha das feiras con máis sona da contorna. Durante a xornada ofrecerase unha cata de conservas e haberá unha maratón fotográfica, ademais de diversos postos de comida típica galega.

A música comeza xa ás 12 do mediodía, coa actuación do grupo tradicional Faíscas da Pontraga, un conxunto fundado en 2002 que conta con máis de 500 actuacións ás costas, algunhas delas do outro lado do Atlántico.

Xa pola tarde actuará Pakolas, un cantautor e produtor especializado en música para nenos e nenas. As súas cancións animan á infancia a compartir amizade e experiencias a través de historias moi particulares. Despois, ás 17.30, será o momento de Carapaus, un grupo de folk radicado en Compostela e liderado por Emilio Lois, ‘gaiteiro da Baña’ e mestre en numerosas agrupacións tradicionais.

Aquelas persoas interesadas en poñer algún posto de venda ou exposición de produtos propios de aquela época poden chamar ao 981 886 777 ou 981 886 501, ata o xoves 21 de outubro.