• O goberno municipal solicita á veciñanza que informe antes do 15 de xaneiro dos núcleos que non teñen cobertura, ademais de Cabanas e Lañas

20200104 Telefono movil

 

O Concello da Baña quere sumarse ao convenio marco que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) firmou coa Fegamp para mellorar a cobertura de móbiles no rural. Dende o equipo de goberno tense constancia de que en Cabanas e Lañas a cobertura de móbil é nula, e solicitan a colaboración da veciñanza para coñecer aqueles outros núcleos de poboación que non teñen cobertura con ningunha das tres operadoras principais (Movistar, Vodafone e Orange). O alcalde sinala que “ata o 15 de xaneiro, os veciños poden avisar no concello daquelas zonas nas que non hai sinal nos móbiles en ningún dos tres operadores principais”.

O obxectivo deste convenio marco entre Amtega e a Fegamp e facilitar a instalacións de torres de telefonía móbil naquelas zonas nas que non hai cobertura no exterior das vivendas. E dicir, non se pode facer unha chamada de teléfono con ningunha das tres operadoras principais por falta de cobertura. Para sumarse ao convenio, o Concello ten que poñer a disposición da Xunta as parcelas necesarias para instalar as torres e encargarse de realizar a acometida eléctrica necesaria. 

Para sumarse a este convenio, o Concello da Baña deberá identificar aqueles núcleos de poboación sen cobertura de móbil. Técnicos de Amtega confirmarán estes datos e seleccionarán as zonas obxectivo e, despois, dende a Xunta de Galicia poranse en marcha programas de axudas ás operadoras de telefonía móbil para instalar as torres necesarias para garantir unha boa cobertura.

O Concello deberá facilitar as parcelas para instalar as torres e –en caso de que non sexan terreos municipais– ter o compromiso de cedelos á Xunta durante un período de 15 anos. O Concello tamén deberá asumir os gastos para levar as acometidas eléctricas necesarias para que funcionen as torres de telefonía. Neste caso, o Concello poderá optar a unha axuda de ata 30.000 euros por acometida que porá en marcha a Xunta de Galicia.

Nestes momentos, e para elaborar o mapa de núcleos sen cobertura, o Concello solicita a colaboración da veciñanza para que informe dos núcleos de poboación sen cobertura e podelas incluír no expediente que se vai elaborar para remitir a Fegamp coa intención de sumarse a este convenio.

20191220 contacontos os merlos do amencerHoxe, venres 20 de decembro, as familias da Baña estaban convidadas a visitar a Escola Infantil de Lañas nunha divertida xornada de portas abertas que incluíu unha visita guiada polas instalacións e a actuación de Trinketrinke Teatro e o seu ‘Cueiros de cores’.

A partir das 11.15 as portas da Escola de Lañas estiveron abertas para todo aquel que quixera visitala. As 11.30 horas Tinketrinke Teatro fixo acto de presencia co seu espectáculo de contacontos ‘Cueiro de cores’. Unha hora máis tarde comezou a visita guiada pola escola.

20191111 A Baña NegroA poucos días da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), o Concello da Baña formaliza a súa adhesión á campaña ‘En negro pola violencia de xénero’, despois de acordalo de forma unánime no Pleno ordinario celebrado o 25 de setembro, e anima a todas as entidades do municipio a que sigan os seus pasos.

Deste xeito, todos os organismos e institucións da Baña que queiran sumarse á esta acción colectiva poderán facelo a través da páxina web https://ennegrocontraasviolencias.gal/, onde se atopa toda a información relacionada coa iniciativa.

‘En negro pola violencia de xénero’ é unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela, co impulso da Administración local, e que ano tras ano foi medrando, involucrando a máis concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de xeito viral mesmo fóra de Galicia.

Aínda que está latente durante todo o ano, é sobre todo no mes de novembro, e no 25N –Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller–, cando a acción desprega a súa actividade de forma máis intensa. Calquera pode participar tinguindo o seu lugar de traballo de negro, realizando obradoiros e charlas que lles dean voz ás mulleres e que sensibilicen contra as violencias machistas.

Os concellos, empresas e asociacións que se adhiran deberán ter un compromiso político e técnico para espallar a acción e mobilizar a poboación e os axentes sociais e económicos para tinguir de negro as vilas e cidades galegas. Para iso deberán asinar un documento de adhesión á campaña “En negro contra as violencias”, para personalizar a marca de En Negro co nome da súa empresa.

20191213 telefono fijo operadorAs continúas solicitudes feitas dende o Concello da Baña para mellorar a cobertura de telefonía na Baña parece que comezan a dar os seus froitos. O alcalde, José Antonio Pereira, ven de asinar un bando solicitando a colaboración da cidadanía para que Movistar poida instalar, nunha primeira. Fase, a fibra óptica no núcleo de San Vicenzo, a capital do concello.

Para poder avanzar neste proceso, e substituír as liñas de cobre ou a ADSL por fibra óptica, que permite velocidades de transmisión de datos moito máis elevadas, Movistar está a despregar a rede de última xeración, e previamente é necesario que os propietarios ou comunidades de propietarios asinen as oportunas autorizacións de instalación.

Desta preinstalación, que non ten coste para a veciñanza, estanse a encargar técnicos da empresa Liteyca, da Coruña, que deben acceder aos inmobles para deixar todo preparado para que sexa factible conectarse máis tarde á fibra óptica,.

O alcalde recórdalle á veciñanza no bando asinado esta mañá que se “trata dunha preinstalación” necesaria para que, nun futuro, os usuarios poidan ter conexión de fibra óptica. Esta operación non terá coste para a veciñanza. Unha vez os edificios estean en condicións, cada persoa contratar pola súa a conexión de fibra óptica directamente coa empresa de telefonía que estime oportuno.

20191031 Cartel curso poda fbA Concellaría de Política Social, Emprego, Educación, Cultura e Deportes da Baña organiza un curso de poda destinado á veciñanza do municipio e da comarca. O local social e da terceira idade do Concello da Baña acollerá os sábados de 10.00 a 12.30 horas esta actividade formativa que contará con dous módulos e terá un custo de 48 euros.

O primeiro módulo impartirá coñecementos sobre poda e enxertos de froiteiras, mentres que o segundo aprenderá as persoas participantes a tratar enfermidades e pragas das froiteiras e da horta. Ambos os dous terán unha duración de 10 horas. As prazas son limitadas, polo que as persoas empadroadas no Concello da Baña terán preferencia á hora de formar grupo.

A inscrición farase chamando ao 615 401 264 (Jesús). Calquera consulta, ou dúbida, resolverase tamén a través deste número de teléfono.