imprimir
Categoría: Bandos municipais
Visitas: 261

20200130 AlcaldeO alcalde da Baña, José Antonio Pereira, vén de convocar dúas xuntanzas coa veciñanza das parroquias de Cabanas e Suevos co propósito de promover a participación cidadá no concello. Así, o venres 31 de xaneiro o alcalde reunirase cos veciños e veciñas de Suevos no local social da parroquia ás 20.30 horas, mentres que o sábado 1 de febreiro visitará o local social de Cabanas á mesma hora.

A finalidade destas xuntanzas é "compartir inquedanzas, proxectos e necesidades", así como "valorar a situación actual do concello co fin de buscar as solucións máis favorecedoras para todos os colectivos". En senllos bandos publicados onte, a Alcaldía indica que con esta medida "pretende estar o máis preto posible da poboación da Baña" e "anima especialmente a colaborar activamente nestas reunións que teñen como obxectivo principal a participación dinámica da sociedade bañense".

Attachments:
Download this file (SKMBT_C36020012914250_Cabanas.pdf)Bando: Xuntanza coa veciñanza de Cabanas[Bando: Xuntanza coa veciñanza de Cabanas]206 kB
Download this file (SKMBT_C36020012914251_Suevos.pdf)Bando: Xuntanza coa veciñanza de Suevos[Bando: Xuntanza coa veciñanza de Suevos]204 kB