O Concello da Baña informa a toda a cidadanía que, con motivo da Trail CMP que terá lugar o próximo 6 de outubro de 2019, está prohibido aparcar na Praza do Concello e na rúa Castelao dende as 20.00 horas do día 5 de outubro, ata as 15.00 horas do 6, así como circular na Praza da Casa Consistorial e nas rúas Castelao, Rosalía de Castro e das Dores dende as 07.00 ata as 15.00 horas desa mesma xornada.

Agradecemos a colaboración de toda a veciñanza para que retire os seus vehículos de toda a zona afectada coa suficiente antelación, o que significa que non debe haber ningún vehículo aparcado nestas rúas. As persoas que teñan garaxe deberán prever a imposibilidade de acceder dende o garaxe á rúa nesa franxa horaria. 

A corporación agradece á veciñanza de forma anticipada o respecto a toda a sinalización que se vai colocar nos días previos ao 6 de outubro de 2019 e ata que se pase a retirar nos días seguintes á proba.

BANDO DA ALCALDÍA SOBRE O CORTE DE TRÁFICO NA RÚA DAS DORES E AVISO DE PRECAUCIÓN NA CIRCULACIÓN NA PRAZA DO CONCELLO E RÚA DE CASTELAO

José Andrés García Cardeso, alcalde do Concello da Baña,

Comunícalle a toda a cidadanía que, o vindeiro domingo día 7 de outubro, con motivo da celebración da Trail da Baña, CMP Trail, que se vai celebrar no Concello da Baña, se van  realizar os seguintes cortes de tráfico na Rúa das Dores, e avisa de que hai que circular con precaución pola Praza do Cruceiro, Praza do Concello e Rúa de Castelao.

Lugares, días e horas:

  • Sábado, 6 de outubro, a partir das 12.00 h, PRECAUCIÓN ao pasar pola Rúa das Dores, no Campo de Cartas, por colocación de estrutura con gálibo de 3.50 metros.
  • Domingo, 7 de outubro, de 8.00 h a 17.00 h PASO CORTADO na Rúa das Dores, e aviso de precaución na circulación pola Praza do Cruceiro, Praza do Concello e Rúa de Castelao.

Agradezo a colaboración de toda a veciñanza.

A Baña, 4 de outubro de 2018

O alcalde.

Último informe da axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) no que informa no boletín núm. 34/71GAL, dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTOS con refachos de ata 120 km/h (S/W, S) que afectará a Coruña (Noroeste, Oeste, Suroeste) e Pontevedra (Rías Baixas, Interior). Comezando nas primeiras horas do sábado día 10 e prolongándose ata a mañá do día 11.
 
Para as primeiras horas da madrugada do domingo día 11 esta alerta LARANXA amplíase a Lugo (Mariña), Coruña (Interior) e Pontevedra (Miño).
 
Todas as zonas que non se vexan afectadas por este fenómeno quedarán en AVISO AMARELO a partir da media tarde do día 10 con refachos de ata 90 km/h.
 
Ademais, no boletín 104/71GAL, infórmase dun fenómeno adverso AMARELO por CHOIVAS en A Coruña (Suroeste) e todo Pontevedra, con precipitacións acumuladas en 12 horas de 40 mm. dando comezo a últimas horas da tarde do día 10. O episodio prolongarase o domingo con acumulacións que poden acadar os 180 litros entre os dous días.
 
A coincidencia xeográfica deste fenómeno con outros por tormentas e costeiros, pode facer que acontezan anegamentos puntuais en zonas de Pontevedra e Coruña (Suroeste, Oeste).IMG 20180309 201028

A Alcaldía da Baña vén de publicar un bando no que informa do cambio de data de realización da feira. Ao coincidir co festivo local do luns de Pascua, o mercadiño que se celebra o primeiro luns de cada mes trasládase ao luns 9 de abril.

 

Publicáronse as convocatorias de axudas da Deputación Provincial 2017, das que as entidades sen ánimo de lucro se poden beneficiar.

A tramitación será  telemática  a través da plataforma SUBTEL da Deputación Provincial da Coruña, https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/solicitudes, para todas as fases do procedemento: solicitude, concesión e xustificación, incluíndo en cada unha delas, as notificacións, requirimentos de información e documentación e envíos de documentación. Serán imprescindibles dous requisitos para esta tramitación:

1.-  Certificado dixital ou DNI electrónico. Deberán dispor deles:

-       a persoa que ocupe a Presidencia da entidade

-       a persoa que ocupe a Secretaría da entidade

-       a persoa que represente á entidade ante a Deputación (se é distinta das dúas anteriores).

2.-  Correo electrónico. A entidade deberá dispor dun enderezo de correo electrónico que non poderá variar ao longo de toda a tramitación do expediente, xa que as comunicacións dirixiranse a ese enderezo.

Máis información en https://www.dicoruna.es/subvencions/  ou na Concellaría de Cultura do Concello da Baña, concertando unha cita nos teléfonos 607 577 419 ou 981 886 501, ext. 2, Cultura.

Alicia Blanco Sande

Concelleira de Cultura, Emprego, Servizos Sociais e Educación