Orde do 21 de febreiro de 2013 pola que se establece o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no curso académico 2012/13, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos. (DOG 06/03/2013)

Requisitos:

  • Necesidade urxente de recursos económicos para paliar  a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor/a legal,desemprego sustentador/a principal, enfermidade grave,violencia de xénero cara el/ela ou o seu proxenitor/a,  vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non contempladas que sendo xustificadas repercutan na situación socioeconómica familiar).
  • Que a situación sobrevida ou imprevista teña acontecido durante  o actual ano académico 2012-2013.
  • Estar matriculado, no curso académico 2012-2013, como mínimo en 50 créditos, en estudos  universitarios presenciais conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia.
  • Que a renda per cápita da unidade familiar  non  sexa superior  ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2013, é dicir 5.108,60 euros  (425,72 euros mensuais, incluída nesta contía  a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
  • Non ter percibida esta axuda con anterioridade .

Prazo de presentación de solicitudes:

A presentación de  solicitudes poderá realizarse dende o día seguinte ao da publicación desta orde  no Diario Oficial de Galicia ata  o 1 de setembro de 2013.  

Con carácter xeral, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde a data en que teña acontecido a causa sobrevida ou imprevista, sempre que a solicitude se realice con anterioridade ao 1 de setembro de 2013.

Se a causa sobrevida ou imprevista ten acontecido con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación  será dun mes que hai que contar a partir do día seguinte á publicación desta no Diario Oficial de Galicia.

Máis información:

http://www.edu.xunta.es/web/node/8786

Educadora familiar do Concello da Baña