Os equipos do CPI A Baña acadaron unha boa clasificación na concentración de tenis de mesa que se celebrou o sábado 3 de marzo nas instalacións do CPI San Vicenzo. O equipo infantil masculino quedou primeiro na súa categoría, mentres que en benxamín mixto, conseguiron a segunda e terceira praza.

Neste encontro participaron 30 equipos dos colexios e concellos da Baña, Cee, Mazaricos, Vimianzo, Zas, Noia, Outes e Santa Comba. En total foron 70 deportistas os que competiron durante toda a tarde.

O próximo encontro celebrarase na Picota (Mazaricos) o vindeiro 7 de abril, tamén pola tarde. A fase intercomarcal será en Zas o 28 de abril e, con toda probabilidade, o 12 de maio celebrarse o campionato provincial escolar de tenis de mesa.

As clasificacións da concentración da Baña foron as seguintes:

Benxamín mixto: Cee, A Baña ‘A’, A Baña ‘B’

Alevín feminino: Zas, Mazaricos, Vimianzo, A Baña

Alevín masculino: Zas, Vimianzo, A Baña ‘A’, Cee, A Baña ‘C’, A Baña ‘B’

Infantil masculino: A Baña, Vimianzo ‘A’, Outes, Vimianzo ‘B’

Cadete masculino: Zas, Mazaricos, Liceo ‘B’, Liceo ‘A’, Outes

Infantil feminino-Cadete feminino: Zas ‘A’, Zas ‘B’, A Baña cadete, A Baña infantil

Podes ver o album de fotos no facebook do Concello, neste enlace