20180427 Festa Deporte web interior

Fomentar a práctica do deporte e dar a coñecer todo tipo de disciplinas e actividades deportivas. Estes son os principais obxectivos do Día do Deporte, que se celebrará o vindeiro sábado 19 de maio. A xornada desenvolverase entre as dez da mañá e as oito e media da tarde na Praza do Concello da Baña e nas rúas do centro de San Vicenzo.

O Día do Deporte está pensado para o goce de toda a familia: haberá actividades para nenos e nenas, outras para adultos e outras dirixidas a deportistas de calquera idade. Todas elas estarán coordinadas por monitorado especializado.

A oferta inclúe torneos de fútbol sala 3x3 e baloncesto, deportes de raqueta —pádel/tenis, tenis de mesa e bádminton—, atletismo, xogos populares, tiro con arco e actividades dirixidas como zumba, jumping, step, funcional training e pilates.

HORARIOS

MAÑÁ

   ZONA TORNEOS BALONCESTO:
      10:00 - 14:00 torneo baloncesto. 2 campos ao tempo (PREMINIS e MINIS)
   ZONA ATLETISMO: 11:00 -12.00 ATLETISMO (Carreiras, saltos, lonxitude, lanzamentos, etc)
   ZONA PATINAXE: 12:00 - 13:00 Circuíto de patinaxe
   ZONA CROSS TRAINING:
      Circuíto: 11:30 13:00
   ZONA TIRO CON ARCO: 12:00-13:30
   ZONA ACTIVIDADES DIRIXIDAS:
      11:00-11:30 clase zumba
      11:30-12:10 clase step
      12:10-12:40 jumping
      12:40 -13:10 pilates

TARDE

   ZONA FUTSAL:
      17:00 – 20:30 Torneo fútbol 3 por 3.
      2 categorias (de 6 a 9 anos e de 10 a 12 anos)
   ZONA DEPORTES POPULARES.
   ZONA ACTIVIDADES DIRIXIDAS:
      17:30-18:00 clase zumba
      18:00-18:30 clase step
      18:30-19:00 jumping
      19:00 -19:30 pilates
   ZONA DEPORTES RAQUETA:
      17:30-19:30 Deportes raqueta: Pádel/tenis, bádminton, tenis mesa.
   ZONA CROSS TRAINING:
      18:00-20:00 clase funcional-training