A Baña celebra o Día do Deporte o vindeiro sábado 19 de maio, un evento participativo e non competitivo que vai dirixido a persoas de todas as idades. Dende as dez da mañá e ata as oito da tarde, a Praza do Concello e as rúas do centro de San Vicenzo concentrarán unha ampla oferta de actividades que van dende o baloncesto ou o fútbol sala ata os xogos tradicionais, pasando polos deportes de raqueta ou un circuíto funcional, entre outras. O obxectivo da xornada, organizada pola Concellaría de Xuventude e Deportes da Baña, é fomentar a práctica do deporte e dar a coñecer todo tipo de disciplinas.

O Día do Deporte está pensado para o goce de toda a familia: haberá actividades para nenos e nenas, outras para adultos e outras dirixidas a deportistas de calquera idade. Todas elas estarán coordinadas por monitores especializados. Ademais, os participantes contarán cun carné ou pasaporte que deberán ir selando para obter un agasallo.

A oferta da mañá inclúe torneos de baloncesto, probas de atletismo, circuíto de patinaxe, tiro con arco e xogos tradicionais. Xa pola tarde, celebraranse os torneos de fútbol sala 3x3 e os deportes de raqueta, como pádel/tenis, bádminton e tenis de mesa. Ademais, tanto pola mañá como pola tarde poderase realizar o circuíto funcional ou cross training e tomar clases de step, jumping, zumba ou pilates.

Para participar nos torneos, tanto de baloncesto como de fútbol sala, é preciso inscribirse media hora antes do seu inicio no punto de información que estará fronte á casa do concello. En fútbol sala distribuiranse os partidos por idades: para maiores de 16 anos e, entre os menores de 16, por grupos de idade.

 

HORARIOS

MAÑÁ

   ZONA TORNEOS BALONCESTO:
      10:00 - 14:00 torneo baloncesto. 2 campos ao tempo (PREMINIS e MINIS)
   ZONA ATLETISMO: 11:00 -13.00 ATLETISMO (Carreiras, saltos, lonxitude, lanzamentos, etc)
   ZONA PATINAXE: 12:00 - 14:00 Circuíto de patinaxe
   CIRCUÍTO FUNCIONAL: 11:30 14:00 
   ZONA TIRO CON ARCO: 11:30-14:00 
   ZONA ACTIVIDADES DIRIXIDAS:
      11:30-12:10 clase step
      12:10-12:40 jumping
      12:40-13:10 clase zumba
      13:10 -13:40 pilates
   XOGOS TRADICIONAIS: 11:30 14:00 

TARDE

   ZONA FUTSAL:
      16:30 – 20:00 Torneo fútbol 3 por 3.
      2 categorías (de 6 a 9 anos e de 10 a 12 anos)
   ZONA ACTIVIDADES DIRIXIDAS:
      17:00-17:30 clase step
      17:30-18:00 jumping
      18:00-18:30 clase zumba
      18:30-19:00 pilates
   ZONA DEPORTES RAQUETA:
      17:00-19:30 Pádel/tenis, bádminton, tenis mesa. 
   CIRCUÍTO FUNCIONAL: 17:00-20:00