imprimir
Categoría: Deportes
Visitas: 1173

20191006 Cartel CMP Trail A Baña FBO Concello da Baña e o Grupo de Trail e Montaña (GtraM) Val de Barcala xa teñen todo preparado para celebrar unha nova edición do CMP Trail o vindeiro domingo, 6 de outubro. Tras o éxito acadado o ano pasado co patrocinio da marca italiana CMP con 300 participantes, esta carreira de montaña contará cunha distancia de 26,5 quilómetros e incluirá a categoría de Mini Trail (17 km), ademais de dúas andainas non competitivas de 16 e 10,5 km. A inscrición poderase facer a través da web emesports.es ata as 23.59 horas do xoves, 3 de outubro.

Nesta cuarta edición do Trail da Baña, a segunda patrocinada por CMP, a proba mantén as características de anos anteriores e contará con dúas distancias: haberá un percorrido de 26,5 quilómetros, cun desnivel de 780 metros positivos; e outro de 17, con 500 metros de subida. Quen o prefira, tamén poderá percorrer os montes da bisbarra da Barcala participando nas andainas non competitivas proTrail (16 km) e amateur (10,5 km).

A inscrición na proba de 26,5 quilómetros custa 15€, mentres que a de 17 quilómetros custa 10. Para participar en calquera das dúas categorías da andaina hai que aboar 5€. A idade mínima para participar é de 16 anos para todas as categorías, nas que os menores de idade necesitan consentimento paterno firmado e no caso da andaina Amateur, terán que ir acompañados dun titor. A inscrición xa está aberta e pode facerse a través da web emesports.es ata as 23.59 horas do vindeiro xoves, 3 de outubro.

Corredores de renome como Pedro Nimo e Alberto Carou participaron na anterior edición da carreira, na que Víctor Cousillas, María Fabeiro, Moisés Bereijo e Vanesa Mella se fixeron coas victorias das diferentes modalidades.

Gráficas Esteiro (Santiago), Deportes P. Alvite (Santa Comba), Talleres Baleato (Val do Dubra), Coca Cola, e emesports.es patrocinan esta actividade que se está a converter nun referente galego das cada vez máis populares carreiras de montaña.