20191022 MagostoO Concello da Baña, en colaboración coa comisión de festas da Baña e a Asociación de Mulleres Alborada, está a organizar un gran magosto para o día 26 de outubro que inclúe sesión vermú, xantar popular a base de polbo, actuacións de músicos da Baña e o gran magosto, a partir das 19.00 horas. O grupo Ciclón e unha sesión DJ animarán a verbena.

Potenciar unha das grandes tradicións galegas do outono, a celebración do magosto, é o obxectivo que persegue o Concello da Baña coa organización dunha festa popular arredor da castaña. A comisión de festas da Baña e a Asociación de Mulleres Alborada colaboran na organización duns actos que se van celebrar na Praza do Concello dende o mediodía.

O grupo Ciclón animará a sesión vermú e unha polbeira encargarase de dar de comer a quen se anime a participar no xantar popular. Pola tarde continuará a música, con concertos dos mestres da Escola Municipal de Música, Ramón Leis e Moncho Ces (16.30 horas), e a actuación dos gaiteiros e das Pendeireteiras da Baña (18.15 horas).

Ás sete da tarde as persoas asistentes poderán degustar as castañas que se prepararán no magosto, antes de que o grupo Ciclón e una sesión de DJ animen a verbena dende ás 19.30 horas.

A veciñanza que queira colaborar con esta festa pode levar castañas á tenda Sinala Tecnoloxía Visual de San Vicenzo, en horario comercial.