imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 807

20191209 portas abertas LanhasA Escola Infantil de Lañas organiza o vindeiro 20 de decembro, venres, unha xornada deportas abertas para que as familias con crianzas menores de 6 anos poidan coñecer a oferta educativa e as instalacións deste centro, que dende o mes de xuño está integrado no Colexio Rural Agrupado (CRA) Coristanco-Santa Comba, con outras seis unitarias destes municipios.

Os actos organizados polo Concello da Baña comezarán ás11.15 horas coa benvida ás persoas asistentes, para, un cuarto de hora despois, comezar unha sesión de contacontos con Trinketrinke Teatro. A partir das 12.30 horas haberá unha visita guiada polas instalacións.  A xornada rematará sobre as 13.30 horas.

Actualmente, na Escola Infantil de Lañas estudan seis nenos e nenas que cursan educación infantil.