O Concello da Baña quere felicitar as festas navideñas coas mellores creacións da súa veciñanza máis nova e anímaa a participar na segunda edicion do Concurso de postais de Nadal en galego.

O concurso está aberto a toda a rapazada que curse na actualidade educación infantil, primaria e secundaria. Para participar, o alumnado interesado terá que presentar un deseño gráfico da súa autoría acompañado dunha felicitación en galego e entregalo antes do 5 de decembro no CPI San Vicente ou na casa do concello, tanto en persoa coma telemáticamente a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Pola parte de atrás da postal, deberán aparecer o nome e apelidos do debuxante, así como o enderezo e un número de teléfono de contacto.

Os traballos poderán realizarse empregando calquera técnica pero sempre terán como o tema o Nadal en galego.

O xurado, formado por persoas da educación, da plástica e da lingua, escollerá aqueles traballos que consideren máis representativos en tres categorías distintas, establecidas segundo a idade dos participantes. Serán as de alumnado infantil, alumnado de primaria e alumnado de secundaria. Os gañadores de cada unha das categorías recibirán un agasallo vencellado ás artes gráficas.

As postais participantes quedarán en poder do Concello da Baña e serán utilizadas para felicitar o Nadal 2020, ademais de poder ser reproducidas ou expostas no tempo e modo que considere oportuno.

Poden consultarse as bases aquí.

Attachments:
Download this file (2020 BASES DO II CONCURSO DE POSTAIS NADAL EN GALEGO.pdf)Bases_II_concurso_postais_nadal[ ]91 kB