• Tomase a medida diante das novas restricións aprobadas pola Xunta para frear a covid-19
  • Para facer calquera trámite na casa consistorial, incluídos os de Servizos Sociais, será necesario pedir cita previa

SUSPENDIDAS CLASES ACTIVIDADES copia

 

O Concello da Baña decidiu hoxe suspender as clases na Escola Municipal de Música e tamén na Escola de Música Tradicional, unha medida que se complementa coa cancelación de todas as actividades deportivas, culturais e educativas que se viñan mantendo en funcionamento.

Esta medida tómase tendo en conta as novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia, que está previsto entren en vigor esta medianoite, para frear o avance da pandemia da covid-19.

A dirección da Escola Municipal de Música ofrécelles ás familias interesadas a posibilidade de continuar con clases en liña mentres duren as restricións e se manteña o peche das clases presenciais.

Así mesmo, o Concello volve establecer a obrigatoriedade da cita previa para facer calquera trámite nas oficinas municipais. Todas as persoas que precisen acudir a casa consistorial, incluso ao departamento de Servizos Sociais, para facer xestión deberán solicitar primeiro cita previa, chamando ao teléfono 981 886 501.