• Poden solicitalas na concellaría de Educación durante o mes de xullo para desprazarse gratis o vindeiro curso escolar

20210712 Bana Trasnporte escolar

A mocidade da Baña que estea estudando Bacharelato, FP ou outro tipo de educación non universitaria non obrigatoria en Negreira e Santa Comba poden beneficiarse das axudas ao transporte que lles concede o Concello da Baña.

As persoas interesadas poden solicitar estas axudas na concellaría de Educación da Baña durante todo o mes de xullo.

Con esta medida, dende o Concello quérese colaborar coas familias e facilitar que os e as estudantes sigan vivindo na Baña durante a súa formación, ofrecéndolles transporte gratuíto durante todo o curso escolar ata os centros educativos de Negreira e de Santa Comba.