Cartel entroido 2019O sábado, día 9 de marzo de 2019 ás 17:00 horas, terá lugar o desfile de comparsas e carrozas do Entroido do Concello da Baña, aberto a todas aquelas persoas que desexen participar. O desfile sairá da rúa Xacinto Rodríguez e concluirá na rúa Tedelle. Unha vez rematado, outorgaranse os premios de cada categoría. A cativada poderá participar nas actividades organizadas no polideportivo.

Os participantes dividiranse nas categorías de individual, parella, comparsa e carroza. Os gañadores dos premios por parellas e individuais, conseguirán 70 euros de premio. No caso das comparsas e as carrozas, o 1º premio será de 400 euros, o 2º de 200 euros, o 3º de 100 euros e o 4º de 75 euros.

As inscricións faranse no teléfono 981 886 501, ou no Concello da Baña ata o sábado 9 de marzo, día do desfile, ás 16:00 horas. Para participar é necesario aceptar as bases do concurso.

O xurado estará composto por 3 persoas como mínimo e sempre en número impar. A súa valoración basearase na orixinalidade, elaboración e acabados, adaptación e interpretación da temática escollida polos participantes.

As bases do desfile poden consultarse a continuación:

 

Attachments:
Download this file (Bases Entroido 2019.pdf)Bases Entroido 2019.pdf[ ]103 kB