imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 743

20190401 Camiño MuxiaManuel Vilar Álvarez presentou o pasado venres, 29 de marzo, na antiga Escola de Seoane a súa obra “De Santiago a Muxía por Brandomil”. Esta guía do Camiño que une Compostela con Muxía, pasando polo Concello da Baña, naceu co obxectivo de contar as historias que transcorren por esta parte do Camiño e para axudar aos peregrinos. Ademais de recuperar unha ruta milenaria despois de máis de 20 anos de loita.

No acto de presentación desta guía que pasa por Seoane, Fontecada, A Pereira, Antes, Baíñas e Berdoias interviron José Andrés García Cardeso, alcalde da Baña, Mª Paz Gago Gómez, licenciada en Historia pola USC, Manuel Vilar Álvarez, autor do libro e Henrique Alvarellos Casas, o editor. Mais estivo presidido por membros de todas as agrupacións que conforman a corporación bañense.

Todos eles salientaron as orixes e a historia da ruta que, gracias á súa nova implantación, dinamizará cultural e economicamente todos os municipios que atravesa, entre eles A Baña. Ademais, contaron algunha que outra anécdota das que recolle a guía e falaron dos vestixios que aínda perduran no camiño, que demostran que esta ruta xa existía fai centos de anos.

Ao rematar, os Campantes da Baña amenizaron o aperitivo que tiñan preparado para todos os asistentas á presentación da guía “De Santiago a Muxía por Brandomil”, de Manuel Vilar Álvarez.