imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 899

20190412 PAI

Chegan as vacacións e as despedidas de verán para todos, mesmo para a cativada. Neste caso, os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña din adeus ao curso escolar 2018/2019 cunha festa e coa actuación de Fabaloba o mércores 31 de xullo.

Despois de toda unha tempada medrando xuntos, as alumnas e alumnos do PAI, rapazada entre 3 meses de idade e 3 anos, rematan cunha gran merendola para pasar os últimos momentos xuntos na escola antes das vacacións. Ademais poderán gozar con Fabaloba, que levará a cabo o seu taller ‘A casa encantada de Alí’, no que achegan cancións, xogos e contos infantís en galego. Toda unha divertida experiencia na que tamén poden participar as familias das nenas e nenos.

Ademais aínda continúa aberto o prazo para inscribirse no curso 2019/2020 do PAI da Baña. Os interesados deberán presentar a documentación na Concellaría de Cultura e Servizos Sociais antes do venres 26 ás 14.00 horas. Máis información sobre a inscrición premendo no enlace.