20190808 Camapamento Bergantiños

O Concello da Baña organizou un campamento en Cabana de Bergantiños para os veciños e veciñas de entre 8 e 16 anos durante a semana, do 29 de xullo ao 4 de agosto. Tras pasar uns divertidos días gozando de actividades lúdico-deportivas na localidade costeira, a cativada xa está de volta e cunha morea de experiencias novas para o recordo.

Os 22 rapaces e rapazas da Baña que se trasladaron xunto a 4 monitores a Cabana de Bergantiños xa están na casa. Este campamento organizado polo Concello contou con actividades de todo tipo como piragüismo, tiro con arco, obradoiros de pulseiras e atrapasoños, rutas de sendeirismo por Ponteceso e mutitude de xogos variados na praia, así como veladas nocturnas cargadas de sorpresas para os participantes e a gravación dunha parodia dun videoclip.