imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 129

20190916 Escola de Música TradicionalA Escola de Música Tradicional da Baña está a piques de iniciar un novo curso impartindo as modalidades de pandeireta e gaita, tanto para nenos maiores de 6 anos como para adultos. O vindeiro 1 de outubro, día de comezo das clases, está convocada unha reunión informativa nas instalacións da escola municipal de música, a partir das 17.30 horas, para dar información pormenorizada do que se vai facer este ano.

Dirixida por Emilio Lois, a Escola de Música Tradicional da Baña ofrecerá este ano clases os martes. A de pandeireta será de 19.00 a 20.00 horas para os adultos  que están empezando e de 20.00 a 21.00 horas as clases de perfeccionamento.

Polo que respecta á gaita, as clases serán de 17.30 a 18.30 para o grupo infantil, e de 21.00 a 22.00 para os adultos. En todos os casos, a formación impartirase nas dependencias da escola municipal de música.

Os interesados en acudir á Escola de Música Tradicional da Baña deberán aboar unha inscrición de 30 euros para todo o curso. As inscricións deberán formalizarse nas dependencias municipais ou nas da propia escola.

A ficha de inscrición e o formulario de pago pódese descargar nos documentos adxuntos.

Attachments:
Download this file (20190916_Gaita_Adultos_Ficha_inscricion.pdf)20190916_Inscricion_clases_gaita_adultos[20190916_Inscricion_clases_gaita_adultos]162 kB
Download this file (20190916_Gaita_Infantil_Ficha_inscricion.pdf)20190916_Inscricion_clases_gaita_infantil[20190916_Inscricion_clases_gaita_infantil]154 kB
Download this file (20190916_Pandeireta_Adultos_Ficha_Inscricion.pdf)20190916_Inscricion_clases_pandeireta_adultos[20190916_Inscricion_clases_pandeireta_adultos]103 kB