20200427 brindeNais, que dicirvos, como dicírvolo...

O vindeiro domingo, 3 de maio, celebramos o Día da Nai. Este ano a maioría de nós non as temos preto e non poderemos achegarnos aos seus fogares para darlles o seu agasallo... pero sen homenaxe non van quedar.

Que vos parece se lles facemos un brinde?
Hai alguén que mereza un brinde máis que as nosas nais?

A nosa proposta é que collades un vaso, cunca ou copa con auga, zume, chocolate, viño... fagades unha foto brindando e a compartades en redes sociais co hashtag #BrindePorMamáNaBaña ou a colguedes directamente como comentario no post do Facebook do Concello: https://www.facebook.com/ConcellodaBana/photos/a.1604980426185136/3487432631273230/?type=3&theater. Esa foto debe ir acompañada dunha frase dedicada a vosa nai.

A Aula de Informática do Concello da Baña comparte unha serie de enlaces a páxinas web con contidos educativos e lúdicos para os peques da casa.

Xogos de primeiro a sexto de primaria con áreas específicas de lingua española, matemáticas e inglés.

Repasa hoxe as táboas de multiplicar dun xeito moi sinxelo a través desta ligazón: https://vedoque.com/juegos/matematicas/tablas-multiplicar/

 

Xogos educativos para nenos de preescolar e primaria. Os xogos están dispoñibles en versión en liña, descargas, apps ou soporte físico. Os xogos gratis pódense usar sen rexistro.

Que vos parece se cantades algunha destas cancións en familia? Ánimo!! veredes que ben o pasades: http://www.pipoclub.com/canciones-infantiles/index.html

 

Portal de material educativo gratuíto. Ofrece xogos e outros recursos didácticos gratuítos para nenos e nenas de entre tres e doce anos.

Hoxe recomendámosche que pases un intre divertido con estes chistes: https://www.mundoprimaria.com/chistes-cortos-para-ninos 

 

Desde a páxina de Apego ou desde o seu Facebook, as familias con nenas e nenos con idades comprendidas entre 0 e 6 anos poden acceder a vídeos, recursos, novas... Permanecede atentos e atentas cando vexades os vídeos do polbo Po, a mascota de Apego, porque nalgúns aparecen nenas da comarca de Barcala. Seredes quen de descubrilas?

20200420 Muiño TutorialO 23 de abril celebramos o Día do Libro. Este ano, como ben sabedes, é un ano especial por todo o que estamos vivindo. A celebración do Día do Libro será distinta a outros anos, non asistiremos a contacontos, non nos regalaremos libros, non faremos grupos de lectura...

Queremos propoñervos que fagades un muíño de vento, recordando o protagonista do noso libro más universal. O Quixote loitaba contra muíños de vento que el consideraba xigantes. Nós temos tamén un xigante contra o que loitar, pero a diferenza do Quixote imos vencer. O noso muíño vai ser símbolo de loita, de enerxía, de esperanza e de unión. 

Propoñemos que vós, a veciñanza da Baña, fagades os vosos muíños de vento, que os poñades nas fiestras e nos mandedes fotos nas que aparezades con eles. Tamén podedes mandar as fotos dos muíños simplemente, como cada quen queira. As fotos recibidas publicaranse na páxina web do Concello da Baña.

Animádevos a participar.

As fotos realizadas podedes mandalas ao seguinte correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

COMO FACER UN MUÍÑO DE VENTO

  • Necesitamos tesoiras, cartolina (se non temos, un folio), unha palliña e un alfinete ou chatola.
  • Cortamos un cadrado na cartolina de 10cm x 10cm
  • Dobramos polas dúas diagonais
  • Recortamos polas marcas que se fixeron ao dobrar as diagonais sen chegar do todo ao centro, deixando unha distancia de 1cm ao centro sen recortar.
  • Unimos a primeira punta de cada triángulo co centro e atravesamos co alfinete ou chatola furando tamén a palliña por atrás.

 

Actualización. Enlace ao álbum de fotos #MuíñosDeEsperanza na Baña polo #DíaDoLibro:
https://www.facebook.com/pg/ConcellodaBana/photos/?tab=album&album_id=3471620256187801

Attachments:
Download this file (Como facer un muíño de vento en imaxes.pdf)Como facer un muíño de vento en imaxes[Como facer un muíño de vento en imaxes]135 kB
Download this file (Como facer un muíño de vento.pdf)Pasos a seguir para facer un muíño de vento[Pasos a seguir para facer un muíño de vento]96 kB

20200424 pasatemposNa Aula de Informática do Concello da Baña preparamos unha breve escolma de páxinas web nas que se ofrecen de xeito gratuíto pasatempos en liña e outras actividades entretidas para adultos.

Con sopas de letras, encrucillados, xogos das diferenzas, quebracabezas, sudokus, xogos de concentración...

Recomendamos hoxe este xogo de buscar diferenzas, no que poderedes traballar a memoria, a percepción e a atención: https://www.epasatiempos.es/buscar-diferencias.php

 

Con crucigramas, autodefinidos e outros pasatempos en liña de balde.Para os/as máis maiores, atrevédevos con este xogo de lóxica: https://www.tarkus.info/logica/logica.php?logica=%20yTnpeTi2v1WpN2Tl2I/THC%20tISOhBk0V0bkPwUCo8k=

 

A través desta ligazón poderemos practicar a conxugación de verbos, buscar sinónimos e antónimos, buscar rimas...

Propoñémosche este xogo, baseado no clásico do aforcado: https://buscapalabras.com.ar/ahorcadito/

 

Elaborado por Vitoria Ogando e Anxo González, que recibiron en 2018 o premio Xoan Manuel Pintos ao Compromiso coa Lingua.

Aquí terás exames de ABAU de anteriores convocatorias, exercicios, cantigas populares, lecturas recomendadas por idades...

Para as persoas que estades a preparar a selectividade: https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/linguagalega2bach.html

20200413 libroSeguindo co programa de actividades que está a desenvolver a Axencia de Lectura da Baña desde o inicio do estado de alarma, hoxe chega unha nova proposta: 'O libro de...', unha actividade á que invita a participar a toda a veciñanza. Trátase de construír entre todos e todas o relato colectivo desdes días de corentena, utilizando para iso as experiencias narradas polos veciños e veciñas e acompañadas, se se quere, de debuxos ou fotografías.

A idea é xuntar todas estas contribucións e darlles forma de libro. Unha vez que se recupere a normalidade, o volume ocupará un lugar especial na Axencia de Lectura.

Velaquí as indicacións de como participar:

O LIBRO DE...

O libro de Ana, o libro de Paula, o libro de Álvaro, de Laura..., o libro de cada un de vós.

Escribide o que queirades sobre vós, podedes centrarvos nestas últimas semanas de corentena e contarnos como estades a vivilas, como pasades os días, contando anécdotas e momentos curiosos, incluíndo debuxos, fotos, que cousas vos gustan menos e cales aceptades dun xeito más doado.

Podedes escribilo á man ou no ordenador se dispoñedes del. Suxerímosvos que empreguedes un tamaño DIN-A4, en horizontal e dobrado pola metade, pensade na forma dun libro collede tantos papeis como historias queirades contar e... mans á obra!

Cando todo isto acabe, e volvamos á normalidade, podemos darlle forma dende a Aula de Informática, ou dende a Axencia de Lectura, onde lles dedicaremos un lugar moi especial aos vosos escritos.

Animádevos a participar!