20191114 Teatro Lañas O programa ‘Teatralizándonos’ quere achegar o teatro aos lugares da Baña; por iso o vindeiro sábado, 16 de novembro, ás 21.00 horas, terá lugar no local social de Lañas a presentación da obra ‘Unha Primavera para Aldara’, da compañía de teatro Airiños, dirixida por Amantia Coello e escrita por Teresa Moure.

20191114 Cartel Mercadiño NadalUn ano máis, o Concello da Baña organiza o seu tradicional Mercadiño de Nadal, que nesta ocasión se celebrará o 15 de decembro na Praza do Concello, onde se habilitará unha carpa. Toda a veciñanza está convidadada a gozar dunha xornada moi especial que estará marcada polos agasallos, a gastronomía e sobre todo, o entretemento.

Para máis información, chamar ao 981 886 501, 981 886 777 ou ao 682 859 367.

20191111 Cartel Concurso guions xeneroA Deputación da Coruña convoca a sexta edición do Concurso de guións contra a violencia de Xénero. O obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención da violencia económica como forma de control e dominación.

Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente cree debate, mobilización, fomente a súa creatividade mentres reflexiona sobre a violencia económica que inclúe a limitación ou privación intencionada e non xustificada de recursos para o benestar físico ou psicolóxico das mulleres e dos seus fillos e fillas ou persoas que delas dependen, reflexionen sobre a prohibición de traballar de forma remunerada, ameazas continuadas sobre aspectos económicos, discriminación no emprego e acceso aos recursos ou bens materiais compartidos no ámbito da convivencia ou sobre a fenda salarial existente na sociedade onde as mulleres perciben menores ingresos por iguais traballos ou peores condicións laborais.

Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga. A inscrición tramitarase de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL) e será o centro o encargado de presentar a candidaturaO Prazo de presentación remata o mércores 11 de decembro ás 14.00 horas.

Pódense consultar as bases completas no BOP nº 211 do 6 de novembro de 2019, na páxina web da Deputación, ou no documento adxunto nesta páxina.

20191111 Cartel Plan divulgacion formacion forestal fbO Concello da Baña organiza xunto con FORESIN e AREGA un plan de divulgación e formación forestal, repartido en tres xornadas nas que se falará sobre aproveitamento múltiple dos montes con procedementos ecolóxicos, técnicas de extracción de resina e actividade resineira. O plan estará aberto a todo o público, mais é necesaria a reserva de praza.

O 21 de novembro, de 9.30 a 13.30 horas terá lugar na casa da cultura da Baña a xornada sobre o aproveitamento múltiple dos montes con procedementos ecolóxicos, centrándose no resineiro e noutras técnicas de aproveitamento dos piñeiros. Os profesionais da empresa FORESIN e o alumnado e docente do obradoiro de emprego ‘Xóvenes 2019’ serán os encargados de impartir esta xornada.

Xa no mes de decembro impartirase un curso formativo sobre técnicas de extracción de resina nas escolas vellas de San Vicenzo da Baña. A actividade terá unha duración de 8 horas repartidas entre as 9.30 horas e as 13.30 dos días 12 e 13 de decembro. Para rematar, o día 15 haberá unha demostración práctica e habilitarase unha caseta informativa sobre a actividade resineira no mercadiño de nadal da Baña, situado na Praza do Concello de 10.00 a 14.00 horas.

A asistencia está aberta a todo o público, pero é necesario reservar praza poñéndose en contacto co Concello da Baña a través do 981 886 501, o 682 859 367 e o Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

20191104 Postal Nadal ALI9199

O Concello da Baña organiza este ano un concurso de postais de Nadal entre o alumnado de educación infantil, primaria e secundaria para elixir a felicitación oficial deste ano. No concurso poderán participar todos os alumnos e alumnas da Baña que o desexen presentando unha obra orixinal de deseño gráfico que terá como tema o Nadal en galego e deberá levar unha felicitación no noso idioma.

Para elaborar as obras, que deberán ser orixinais e garantir a súa autoría, o alumnado poderá usar calquera técnica. Haberá tres categorías neste concurso, para alumnado de educación infantil, primaria e secundaria. O gañador de cada categoría recibirá un agasallo, acorde coa súa categoría, relacionado coas artes gráficas.

Os orixinais deberán entregarse no CPI San Vicente ou na casa do concello da Baña antes do 5 de decembro, ven persoalmente ou por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O Concello da Baña utilizará estas postais para felicitar as festas de Nadal 2019.

O xurado estará formado por persoas do ámbito da educación, da plástica e da lingua e o seu fallo será inapelable.

As bases íntegras deste concurso reprodúcense a continuación e tamén se poden consultar no documento adxunto

Bases do I Concurso de postais de Nadal en galego 

  1. Poderán participar todos os nenos e nenas que estean a cursar educación infantil, primaria ou secundaria. 
  2. Todos as postais terán como tema o Nadal en galego.
  3. Presentarase unha soa obra orixinal de deseño gráfico que inclúa unha felicitación en galego 
  4. Cada participante garantirá a veracidade da autoría da postal presentada.
  5. Pola parte de atrás da postal, deberá aparecer o nome e apelidos así como o enderezo e un número de teléfono de contacto.
  6. Para a súa confección poderase usar calquera técnica.
  7. Establécense tres categorías:
  • Categoría 1: alumnado de infantil
  • Categoría 2: alumnado de primaria
  • Categoría 3: alumnado de secundaria
  1. Os/as gañadores/as de cada categoría recibirán un agasallo acorde coa súa idade e relacionado coas artes gráficas. 
  2. As postais participantes quedarán en poder do Concello da Baña, serán utilizadas para felicitar o Nadal 2019 e poderán ser reproducidas ou expostas no tempo e no modo que se considere oportuno.
  3. Os orixinais entregaranse no CPI San Vicente ou na casa do concello antes do 5 de decembro en persoa ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
  4. O xurado estará formado por persoas do ámbito da educación, da plástica e da lingua.
  5. O fallo do xurado será inapelable. O xurado poderá declarar desertos algún dos premios se a calidade dos traballos non fose aceptable e valorará a orixinalidade, a creatividade e a calidade lingüística da felicitación incluída en galego.
  6. A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases. 

 

Attachments:
Download this file (BASES DO I CONCURSO DE POSTAIS NADAL EN GALEGO.pdf)20191104_Bases_concurso_postais_nadal_en_galego[20191104_Bases_concurso_postais_nadal_en_galego]85 kB